Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF503A
Utilización de atraque en pantalán, fondeo e depósito en seco en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, para embarcacións profesionais de 3ª, 4ª e 5ª lista.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
O obxecto é establecer o procedemento de autorización de utilización instalacións de atracada en pantalán, fondeo e depósito en seco, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, para barcos de 3ª, 4ª de xeito preferente e 5ª de xeito residual (código de procedemento IF503A), naquelas instalacións que se poñan á disposición en cada momento, no sitio web de Portos de Galicia.
Defínese o presente procedemento para regular o uso de postos de atracada nunha instalación portuaria de uso preferentemente pesqueiro en pantalán con prazas delimitadas, identificadas e cunhas características previamente definidas. Este procedemento tamén será de aplicación para a utilización de prazas fondeo en polígono deseñado e habilitado para tal fin ou en prazas en seco delimitadas para o depósito de embarcacións, e para a mesma tipoloxía de embarcacións.
O ámbito de aplicación serán os portos que se poñan á disposición por parte de Portos de Galicia nos cales están habitadas prazas para o uso de embarcación pesqueiras, auxiliares de acuicultura e para profesionais de servizo de porto, radas ou bacía.
Mediante esta resolución, regúlase a seguinte tipoloxía de solicitudes:
• As solicitudes de prazas nunha instalación de nova construción, total o parcialmente, e que polo tanto están sometidas a un proceso de selección en función dos criterios establecidos na cláusula décimo primeira.
• As solicitudes en instalacións que xa estean en servizo e dispoñan de prazas vacantes ou non.
• As solicitudes en instalacións en explotación, para aquelas embarcacións que dispoñan dunha praza, pero que o seu título administrativo precise ser renovado.
Quedan excluídas deste procedemento as solicitudes de atracada/fondeo de embarcacións rexistradas na 1ª lista, 2ª lista dedicadas ao transporte marítimo de pasaxeiros ou de mercadorías, as embarcación deportivas inscritas nas listas 6ª e 7ª, así como as buques y embarcacións pertencentes a organismos de carácter público tanto de ámbito nacional como autonómico o local é embarcacións pertencentes a organismos de carácter público inscritas na lista 8ª.
Non obstante, ben que terán uso preferente as embarcacións de 3ª e 4ª lista, poderán presentar solicitude outras embarcación profesionais da 5ª lista, pero unicamente poderán optar a un posto de atracada se existen prazas vacantes da categoría acorde ás dimensións da embarcación e non existe causa que impida o seu outorgamento, ou ben se existen prazas habilitadas para esta tipoloxía de embarcación na propia instalación independentemente da demanda existente do sector pesqueiro.
Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas, así como os traballadores autónomos e traballadoras autónomas.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)
Avda. Porto da Coruña, 5-1º
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 9811182626
Email: zonacentro@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)
R/ Pastor Díaz, 13, 1º
27002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982828426
Email: zonanorte@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)
R/ Victor Said Armesto, 1, 1º e 2º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159290
Email: zonasur@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Dirección (Portos de Galicia)
Área de Explotación e Planificación Portuaria
Praza Europa 5A - 6º
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881950095
Email: facturacion@portosdegalicia.com
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes é a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. O prazo de presentación quedará aberto indefinidamente.
Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas, así como os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.
O solicitante deberá ser o titular da embarcación, o armador ou o seu consignatario. Se existisen varios titulares, presentará a solicitude aquel que teña unha maior porcentaxe de participación na titularidade da embarcación ou aquel que actúe en representación dos propietarios.
No caso de solicitantes doutros países, que non teñan residencia no territorio nacional, deberán designar un representante, para todos os efectos, que dimanen da autorización, con domicilio no territorio nacional. Este representante será o mesmo que presente a solicitude.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.a. Modelo de presentación, anexo I, debidamente cuberto. O dito modelo está á disposición dos solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento IF503A.
1.b. Modelo de presentación, anexo II, certificado de formalización de seguro de responsabilidade civil asinado pola compañía aseguradora ou axente de seguros.
1.c. Para embarcacións de 3ª e 4ª lista: acreditación de ter base no porto onde se solicita o amarre mediante inscrición nese porto no Rexistro de buques de pesca e outros recursos mariños vivos; auxiliares de pesca, de explotacións de acuicultura e de artefactos dedicados ao cultivo ou estabulación de especies mariñas emitida pola Consellería do Mar. No caso de atoparse en tramitación, deberá achegar acreditación de telo solicitado. No suposto de que se atope inscrito noutro porto deberá acreditarse o indicado referente ao porto que corresponda.
1.d. Para embarcacións auxiliares de explotacións de acuicultura, ademais, deberán presentar certificado onde se detallen as descargas realizadas no porto solicitado nos doce últimos meses enteiros contados desde a data de presentación. No suposto de declarar vendas ou descargas noutro/s porto/s deberá acreditarse co/cos certificado/s do/dos porto/s onde opera.
1.e. Para as embarcacións de 5ª lista:
– Certificado de navegabilidade e arqueo GT.
– Folla de asento do buque actualizada na data da solicitude.
– Persoas xurídicas: escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no Rexistro Mercantil.
– Persoas xurídicas: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.
f. Portos de Galicia poderá requirir outra documentación complementaria se a considera necesaria e a súa exixencia está xustificada por razón imperiosa de interese xeral.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán pedidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos do procedemento.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIF da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificado de domicilio fiscal.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Recibidas as solicitudes, e unha vez analizadas a documentación achegada, a adaptación da solicitude ás prazas postas á disposición, o cumprimento dos requisitos ao presente procedemento e calquera outro condicionante, resolverase a solicitude autorizándoa, denegándoa ou incluíndo a solicitude na lista de espera, segundo proceda.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de diciembre de 2003).
-
Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).
-
Resolución do 29 de marzo de 2022 pola que se aproba o procedemento de autorización para a utilización de instalacións de atracada en pantalán, fondeo e depósito en seco, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, para embarcacións profesionais de 3ª, 4ª e 5ª lista (DOG nº 68 do 7 de abril de 2022).
-
Acordo do 30 de marzo de 2022 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantaláns en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia para embarcacións profesionais, principalmente de terceira e cuarta lista, nos portos de Ribadeo, Burela, Morás, Celeiro, O Barqueiro, Barallobre, Mugardos, Ares, O Freixo, O Testal, Ribeira, Palmeira, O Carril, Campelo e Bueu (DOG nº 68 do 7 de abril de 2022).
-
Acordo do 26 de xullo de 2022 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantaláns en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, para embarcacións profesionais, principalmente de terceira e cuarta lista, no porto de Rianxo (DOG nº 149 do 5 de agosto de 2022).
-
Acordo do 3 de xullo de 2023 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantalán en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia para embarcacións profesionais, principalmente de 3ª e 4ª lista, no porto de Miño (DOG nº 135 do 17 de xullo de 2023).
-
Acordo do 14 de marzo de 2024 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantalán en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia para embarcacións profesionais, principalmente de 3ª e 4ª lista, nos portos da Pobra do Caramiñal e Muros (DOG nº 63 do 1 de abril de 2024).
-
Acordo do 27 de marzo de 2024 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para utilización de instalacións de atracada en pantalán en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, para embarcacións profesionais, principalmente de 3ª e 4ª lista, no porto de Escarabote (DOG nº 71 do 11 de abril de 2024).
-
Acordo do 14 de febreiro de 2025 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantaláns no porto dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia para embarcacións profesionais, principalmente de terceira e cuarta lista, no porto do Carril (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2025).
-
Acordo do 10 de novembro de 2025 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantaláns no porto dependente da Comunidade Autónoma de Galicia para embarcacións profesionais, principalmente de terceira e cuarta lista, no porto de Vilaxoán (DOG nº 229 do 26 de novembro de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Prórroga da autorización de ocupación de dominio público portuario, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Aberto todo o ano