Guía de procedementos e servizos

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

O obxecto é a regulación do cumprimento das obrigas tributarias concernentes ao canon eólico, e mais a creación do Censo electrónico de parques eólicos de Galicia (CEPEG).

As aplicacións informáticas do canon eólico poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola dirección da Atriga:

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.

b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresarias ou profesionais, que subscribiran coa comunidade autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

P/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 544 196

Email: xestion.centralizada@atriga.es

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A Orde do 31 de outubre de 2025 entra en vigor o 1 de xaneiro de 2026, salvo a Disposición adicional sétima que entra en vigor o 8 de novembro de 2025.

Os suxeitos pasivos deberán presentar, dende o 8 de novembro de 2025 ata o 15 de decembro de 2025, unha declaración consignando no modelo 007 os datos do parque e dos aeroxeradores.

Os usuarios anteriores, para poderen empregar as aplicacións informáticas do canon eólico, deberán presentar ante a dirección da Atriga unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas ao canon eólico. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no punto anterior.

Apróbanse os modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II e III desta orde e que se relacionan a seguir, para os efectos da aplicación do canon eólico:

  • Modelo 007. Modelo de declaración de alta/modificación de datos no Censo electrónico de parques eólicos de Galicia (CEPEG).

  • Modelo 012. Modelo de autoliquidación do canon eólico.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2014).

    • Resolución do 7 de marzo de 2014 pola que se actualiza o modelo en formato electrónico de autoliquidación do canon eólico (modelo 012) e as fichas de usuario da oficina virtual tributaria do canon eólico e da taxa fiscal sobre o xogo do bingo (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2014).

    • Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.(DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021).

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).

    • Orde do 31 de outubro de 2025 pola que se modifica a Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico (DOG nº 216 do 07 de novembro de 2025).

    • Resolución do 1 de novembro de 2025 pola que se modifican os anexos da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico (DOG nº 216 do 07 de novembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano