Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA002B
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
A regulación do cumprimento das obrigas tributarias concernentes á taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia e aplicarase a todos os obrigados tributarios da taxa fiscal citada nas súas relacións coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).
Apróbase o modelo de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo en casinos, modelo 044 en formato electrónico, que figura como Anexo I da Orde do 27 de febreiro de 2009, pola que se regula a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, de uso obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia para tódolos suxeitos pasivos da taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar devengada polo xogo realizado nos casinos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia
As aplicacións informáticas deste tributo poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola dirección da ATRIGA:
a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.
b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
P/ Pastoriza, 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544189
Fax: : 981544169
Email: xestion.centralizada@atriga.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
As autoliquidacións trimestrais deste tributo deberán ingresarse e presentarse telematicamente nos vinte primeiros días naturais do mes seguinte ao vencemento de cada trimestre natural.
Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde correspondentes a cada trimestre natural, nos vinte primeiros días naturais seguintes á finalización do dito trimestre, de xeito que:
a) No prazo 1, do 1 ao 20 de abril de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao primeiro trimestre natural do ano.
b) No prazo 2, do 1 ao 20 de xullo de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao segundo trimestre natural do ano.
c) No prazo 3, do 1 ao 20 de outubro de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao terceiro trimestre natural do ano.
d) No prazo 4, do 1 ao 20 de xaneiro de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao último trimestre natural do ano anterior.
Os prazos anteriores entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.
Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias concernentes á taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos. Para isto, deberán empregar as aplicacións informáticas que a ATRIGA poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT), nas condicións e consonte os procedementos previstos nesta orde.
Modelo 044
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de febreiro de 2009, pola que se regula a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos. (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2009)
-
Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se modifican as instrucións dos modelos de declaración e autoliquidación dos tributos sobre o xogo e as especificacións técnicas de determinados arquivos informáticos para a presentación deles conforme a Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento de determinados impostos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 183 do 9 de setembro de 2020).
-
Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.(DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se modifican as instrucións dos modelos de declaración e autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, da taxa fiscal sobre o xogo do bingo e da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.(DOG núm. 19 do 29 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021).
-
Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Normas de aplicación do canon eólico.
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano