Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED550B
Admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de admisión ordinaria (ED550B) en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546506
Email: sxcentros@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/03/2025 00:00 - 20/03/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 20 de marzo de 2025 (ambos incluídos).
Documentación que se presenta coa solicitude:
- Solicitude segundo o Anexo II da Orde.
- Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Documento acreditativo da representación.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a non expedido pola Administración autonómica
- Informe de trastorno grave de conduta do/a alumno/a
Documentación que se presentará (de forma presencial cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar)
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio fose inferior a un ano:
- Escritura de compra, contrato de alugueiro ou título que lexitima a ocupación da vivenda, e
- Recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, luz...).
- Lugar de traballo (por conta allea): contrato de traballo no que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión.
- Lugar de traballo (por conta propia): certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT no que conste o enderezo do centro de traballo, ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigada a estar de alta no dito censo.
- Lugar de traballo (administracións públicas): certificado da unidade de persoal no que conste o enderezo do centro de traballo.
- Libro de familia ou certificación de parto múltiple.
- Documentación xustificativa da condición de familia monoparental.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica de Galicia.
- Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero (artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
- Certificado como vítima de terrorismo (Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo).
- En bacharelato (1ª solicitude de admisión nesta ensinanza): certificación académica da nota media do último curso finalizado nun centro privado non concertado de Galicia ou en calquera tipo de centro de fóra de Galicia,
- Preferencia por estudos. Matrícula en ensinanzas regradas de música.
- Preferencia por estudos. Matrícula en ensinanzas regradas de danza.
- Preferencia por estudos. Matrícula nun programa de alto rendemento deportivo.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
- Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
MARQUE NO ANEXO II O RECADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN.
- Certificado de nacemento do/a alumno/a (se non ten ou non consta no libro de familia)
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a expedido pola Administración autonómica
- Certificado de dependencia do/a alumno/a
- Título de familia numerosa.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiar expedido pola Administración autonómica de Galicia.
- Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.
- En bacharelato (1ª solicitude de admisión nesta ensinanza): nota media do último curso finalizado (3º ou 4º da ESO) nun centro público ou privado concertado de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Axudas complementarias no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59