Guía de procedementos e servizos

ED550B

Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Pechado
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Desenvolver o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II da orde de modificación.

Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

SAN CAETANO S/N

15711  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546516

Subdirección Xeral de Centros

Prazo de presentación: PECHADO

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo de cada ano natural. Cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso son os que se indican a continuación:

  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño  (Anexo III-1) 

  • Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo (Anexos III-2 e III-3, respectivamente)

  • Prazo extraordinario de matrícula en ESO e Bacharelato: 1-10 setembro (Anexos III-2 e III-3, respectivamente).

Unha vez adxudicados os postos escolares ao alumnado que teña garantía de permanencia ou que goce de prioridade por proceder de centro adscrito, o número de solicitudes é superior ao de postos dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:

a) Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.

b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.

c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.

d) Renda anual per cápita da unidade familiar.

e) Condición de familia numerosa.

f) Condición de familia monoparental.

g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.

h) Ademais, para as ensinanzas do bacharelato terase en conta o expediente académico do alumnado.

i) Criterios establecidos por cada centro educativo, consistentes noutras circunstancias relevantes e xustificadas, de acordo con criterios obxectivos, que deberán ser publicados coa necesaria antelación ao inicio do proceso de admisión.

  • Solicitude segundo o Anexo II.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

  • Certificado oficial do expediente académico.

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

  • Outra documentación.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • PROXENITOR/A (solicitante ou representante)

  • DNI ou NIE.

  • Domicilio fiscal.

  • Declaración do imposto sobre a renda.

MARQUE NO II ANEXO O CADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN

  • Título de familia numerosa.

  • Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 245 do 26 de decembro de 2012).

    • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2013).

    • Corrección de erros. Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 79 do 24 de abril de 2013).

    • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017).

    • Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 (DOG nº 86 do 6 de maio de 2020)

    • Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 256 do 22 de decembro de 2020).

    • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 25/06/2025 23:59