Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED550A
Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de reserva (ED550A) en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546506
Email: sxcentros@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
15/01/2025 00:00 - 04/02/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2025, ambos incluídos.
- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.
- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Documento acreditativo da representación.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a non expedido pola Administración autonómica.
- Informe de trastorno grave de conduta do/a alumno/a.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a expedido pola Administración autonómica
- Certificado de dependencia do/a alumno/a
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Axudas complementarias no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59