Guía de procedementos e servizos

ED516B

Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e fomento da lectura.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Curso 2024/2025 - Prazo pechado: 01/03/2025 00:00 - 28/03/2025 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros docentes privados concertados dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no ámbito das bibliotecas escolares e do fomento da lectura.

 Centros privados concertados.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Servizo de Innovación e Programas Educativos

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546547

Email: bibliotecasescolares@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/03/2025 00:00 - 28/03/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

En termos xerais os centros solicitantes son os centros privados concertados. Dependendo das liñas de axuda os requisitos específicos aparecen regulados nos artigos 4,26,33,39,44,49.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web ProgramasBibliotecas https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas, cubrindo o formulario electrónico ED516B-anexo I Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2024/25 dispoñible na aplicación.

4. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, e, posteriormente, realizarán a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo as indicacións dispoñibles na aplicación https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas

5. Así mesmo, o formulario de solicitude (ED516B-anexo I) e os demais vinculados a esta orde (anexos II a XVI) estarán accesibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (para os efectos informativos).

6. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

7. Deberá cubrirse unha única solicitude por centro, na que se recollerán todas as modalidades de axuda solicitadas. No caso de que algún centro presente unha nova solicitude, entenderase que desiste da anterior.

Documentación complementaria.

1. Os centros docentes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1.1 . Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados:

1.1.1. Centros que se incorporen por primeira vez e centros non integrados no programa no curso anterior:

a) Análise da situación da biblioteca do centro (anexo II).

b) Memoria de actividades realizadas no período 2022-2024 (anexo III).

c) Programa de biblioteca escolar para o curso 2024/25 (anexo IV).

d) Relación do profesorado responsable da biblioteca escolar e integrante do equipo de apoio no curso 2024/25 (anexo V).

e) Certificado da persoa titular da Dirección coa data de presentación no Claustro do Programa de biblioteca para a súa aprobación (anexo VI).

f) Certificado da persoa titular da Dirección coa data de aprobación no Consello Escolar do programa de biblioteca para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo VII).

g) Certificados acreditativos das actividades de formación do profesorado responsable de poñer en marcha o programa de biblioteca escolar e compromiso escrito de participar na formación específica que se oferte durante o curso 2024/25.

1.1.2. Centros incorporados nas convocatorias entre 2016 e 2023 e que solicitan a continuidade:

a) Liñas prioritarias de actuación da biblioteca escolar para o curso 2024/25 (anexo VIII).

Aqueles centros que soliciten a incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares na presente convocatoria, pero que xa tivesen formado parte do programa e causado baixa anteriormente por diferentes razóns, poderán ser seleccionados sempre que acaden a valoración suficiente e sempre que transcorrese un mínimo de catro anos desde a data de baixa. Neste suposto poderán percibir como máximo 4.000 €.

1.2. Clubs de lectura-concertados:

1.2.1. Centros que se incorporen por primeira vez e centros non integrados no programa no curso anterior:

a) Certificado da persoa titular da Dirección coa data de aprobación no Consello Escolar do proxecto de clubs de lectura para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo IX).

b) Descrición do proxecto de clubs de lectura (anexo X).

c) Certificados acreditativos das actividades de formación do profesorado responsable dos clubs de lectura e compromiso escrito de participar na formación específica que se oferte durante o curso 2024/25.

1.2.2. Centros que participaron no programa Clubs de lectura-concertados no curso 2023/24:

a) Certificado da persoa titular da Dirección coa data de aprobación no Consello Escolar do proxecto de clubs de lectura para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo IX).

1.3. Radio na biblio-concertados:

a) Certificado da persoa titular da Dirección conforme a emisora de radio e as súas actividades estarán vinculadas á biblioteca escolar (anexo XI).

1.4. Biblioteca inclusiva-concertados:

a) Memoria das actividades da biblioteca escolar no curso 2023/24 (anexo XII).

b) Descrición das necesidades concretas para avanzar como biblioteca inclusiva (anexo XIII).

1.5. Lectura e familias-concertados:

a) Certificado da persoa titular da Dirección coa data de aprobación no Consello Escolar do proxecto de Lectura e familias para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo XIV).

b) Descrición do proxecto de Lectura e familias (anexo XV).

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

1. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e de xustificación do gasto (anexo XVI) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deben realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2024/25 (DOG nº 41 do 28 de febreiro de 2025).

    • Extracto da Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2024/25 (DOG nº 41 do 28 de febreiro de 2025).

    • Resolución do 11 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2024/25 (DOG nº 116 do 19 de xuño de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED515A

Solicitude de validación de módulos de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Aberto todo o ano

ED515B

Solicitude de exención do módulo de formación práctica en empresa, estudio ou taller (FPEET) pola correspondencia coa práctica laboral

Aberto todo o ano

ED517B

Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.

Aberto todo o ano

ED517E

Convocatoria de probas libres de títulos extinguidos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro grao medio

Aberto todo o ano