Guía de procedementos e servizos

ED515A

Solicitude de validación de módulos de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Regular a organización, a avaliación e a acreditación académica do alumnado que curse ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño nos centros docentes públicos e privados que estean autorizados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Serán obxecto de validación os módulos formativos comúns a varios ciclos formativos de artes plásticas e deseño, sempre que teñan igual denominación, duración, obxectivos, contidos e criterios de avaliación, de acordo co establecido pola norma que regule cada título.

As validacións non previstas neste artigo serán obxecto, necesariamente, de solicitude ante o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, que dará lugar a resolución individualizada da Dirección Xeral de Formación Profesional, no marco das súas competencias.

Alumnos/as que desexen validar estes estudos.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546511

Fax: 981546551

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude normalizada.

  • Fotocopia compulsada do DNI.

  • Documentación acreditativa dos estudos realizados (un dos 3 documentos seguintes):

    - Certificación academica oficial dos estudos realizados (orixinal ou fotocopia compulsada).

    - Fotocopia compulsada do título do ciclo de artes plásicas e deseño.

    - Fotocopia compulsada do libro de cualificacións do ciclo de artes plásticas e deseño.

  • Certificación de matrícula dos estudos de formación profesional que está a cursar (só no caso de validacións para resolver polo Ministerio de Educación, Política Social e Deportes).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 1 de decembro de 2008, pola que se regula a pola que se regula a organización, a avaliación e a acreditación académica das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 238 do 9 de decembro de 2008).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

ED434B

Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.