Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED002A
Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A presente orde ten por obxecto regular o intercambio provisional de prazas entre o persoal funcionario docente e o persoal laboral dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Poderán solicitar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, en prácticas ou interinas, en servizo activo dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Edificio Administrativo San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544482/ 981957910
Email: persoal.primaria@edu.xunta.es / persoal.secundaria@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
15/07/2020 00:00 - 31/07/2020 23:59
03/08/2020 00:00 - 14/08/2020 23:59
02/09/2020 00:00 - 07/09/2020 23:59
21/09/2020 00:00 - 24/09/2020 23:59
15/07/2021 00:00 - 02/08/2021 23:59
04/08/2021 00:00 - 17/08/2021 23:59
02/09/2021 00:00 - 07/09/2021 23:59
10/09/2021 00:00 - 15/09/2021 23:59
15/07/2022 00:00 - 01/08/2022 23:59
03/08/2022 00:00 - 17/08/2022 23:59
02/09/2022 00:00 - 07/09/2022 23:59
15/07/2023 00:00 - 31/07/2023 23:59
03/08/2023 00:00 - 17/08/2023 23:59
01/09/2023 00:00 - 06/09/2023 23:59
15/07/2024 00:00 - 31/07/2024 23:59
03/08/2024 00:00 - 19/08/2024 23:59
01/09/2024 00:00 - 05/09/2024 23:59
De confomidade co artigo 4 da Orde do 17 de xuño de 2017, modificada pola Orde do 4 de xullo de 2019:
"Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes
1. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa con anterioridade ao día 15 de agosto, as persoas obrigadas a participar no devandito concurso poderán optar por un dos seguintes prazos:
a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería.
b) Catro (4) días hábiles desde o día 1 de setembro. A resolución de autorización de intercambio provisional de praza terá efectos administrativos da data en que se dite e efectos económicos do día 1 de outubro. Neste segundo prazo soamente poderán formular solicitude de intercambio provisional de praza as persoas que non participasen no prazo establecido no parágrafo anterior"
De acordo con esta disposición e, dado que a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais no portal da consellería de Educación será o 2 de agosto de 2024, procédese á apertura do prazo do procedemento normalizado ED002A nos seguintes prazos:
1.-desde o día 3 de agosto de 2024 ata o día 19 de agosto de 2024
2.-desde o día 1 de setembro de 2024 ata o día 5 de setembro de 2024
a) Que pertenzan ao mesmo corpo.
b) Que a praza corresponda a mesma especialidade.
c) Que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso académico para o que se solicita o intercambio provisional.
Non poderá concederse un intercambio provisional de postos de traballo ao persoal funcionario docente que desempeñe o posto de traballo en réxime de comisión de servizos.
Para os efectos deste artigo, considérase o mesmo corpo:
a) O corpo de catedráticos/as de ensino secundario e o corpo de profesores/as de ensino secundario.
b) O corpo de catedráticos/as de escolas oficiais de idiomas e o corpo de profesores/as de escolas oficiais de idiomas.
c) O corpo de catedráticos/as de artes plásticas e deseño e os profesores/as de artes plásticas e deseño.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiríraselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.
Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.
Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.
- Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2017)
-
Corrección de erros. Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2017).
-
Orde do 4 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A) (Diario Oficial de Galicia número 124, do 30 de xuño) (DOG nº 131 do 11 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Procedemento para a integración no corpo de profesores de ensino secundario do persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Prazo aberto: 27/01/2023 00:00 - 19/01/2026 23:59
Procedementos selectivos de acceso, ingreso e de adquisición de novas especialidades dos corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 18/02/2025 00:00 - 10/03/2025 23:59
Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 31/10/2022 00:00 - 21/11/2022 23:59
Concurso de adxudicación de destinos provisionais do persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 15/07/2024 00:00 - 23/07/2024 23:59