Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED002A
Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A presente orde ten por obxecto regular o intercambio provisional de prazas entre o persoal funcionario docente e o persoal laboral dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Poderán solicitar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, en prácticas ou interinas, en servizo activo dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Requisitos
a) Que pertenzan ao mesmo corpo.
b) Que a praza corresponda a mesma especialidade.
c) Que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso académico para o que se solicita o intercambio provisional.
Non poderá concederse un intercambio provisional de postos de traballo ao persoal funcionario docente que desempeñe o posto de traballo en réxime de comisión de servizos.
Para os efectos deste artigo, considérase o mesmo corpo:
a) O corpo de catedráticos/as de ensino secundario e o corpo de profesores/as de ensino secundario.
b) O corpo de catedráticos/as de escolas oficiais de idiomas e o corpo de profesores/as de escolas oficiais de idiomas.
c) O corpo de catedráticos/as de artes plásticas e deseño e os profesores/as de artes plásticas e deseño.
Prazo de presentación: PECHADO
15/07/2020 00:00 - 31/07/2020 23:59
03/08/2020 00:00 - 14/08/2020 23:59
02/09/2020 00:00 - 07/09/2020 23:59
21/09/2020 00:00 - 24/09/2020 23:59
15/07/2021 00:00 - 02/08/2021 23:59
04/08/2021 00:00 - 17/08/2021 23:59
02/09/2021 00:00 - 07/09/2021 23:59
10/09/2021 00:00 - 15/09/2021 23:59
15/07/2022 00:00 - 01/08/2022 23:59
03/08/2022 00:00 - 17/08/2022 23:59
02/09/2022 00:00 - 07/09/2022 23:59
15/07/2023 00:00 - 31/07/2023 23:59
03/08/2023 00:00 - 17/08/2023 23:59
01/09/2023 00:00 - 06/09/2023 23:59
15/07/2024 00:00 - 31/07/2024 23:59
03/08/2024 00:00 - 19/08/2024 23:59
01/09/2024 00:00 - 05/09/2024 23:59
15/07/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59
04/08/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59
01/09/2025 00:00 - 04/09/2025 23:59
15/07/2026 00:00 - 31/07/2026 23:59
04/08/2026 00:00 - 17/08/2026 23:59
01/09/2026 00:00 - 04/09/2026 23:59
Procédese á apertura do prazo para as persoas obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2026/27 do 4 ao 17 de agosto e do 1 ao 4 de setembro.
De acordo co establecido no artigo 4.1 da Orde do 4 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A) (Diario Oficial de Galicia número 124, do 30 de xuño):
"Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes
1. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa con anterioridade ao día 15 de agosto, as persoas obrigadas a participar no dito concurso poderán optar por un dos seguintes prazos:
a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería.
b) Catro (4) días hábiles desde o día 1 de setembro. A resolución de autorización de intercambio provisional de praza terá efectos administrativos da data en que se dite e efectos económicos do día 1 de outubro. Neste segundo prazo soamente poderán formular solicitude de intercambio provisional de praza as persoas que non participasen no prazo establecido no parágrafo anterior."
Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica.
Tramitar en liña
A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiríraselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.
Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.
Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.
Anexos
- Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Tres meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude).
Como recibirás a resposta da Administración?
A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.
Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.
Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Edificio Administrativo San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544482/ 981957910
Email: persoal.primaria@edu.xunta.es / persoal.secundaria@edu.xunta.es
Órgano responsable
-
Orde do 17 xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2017) Ligazón á normativa
-
Corrección de erros. Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2017). Ligazón á normativa
-
Orde do 4 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A) (Diario Oficial de Galicia número 124, do 30 de xuño) (DOG nº 131 do 11 de xullo de 2019). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Inclusión nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades.
Prazo aberto: 12/11/2026 00:00 - 18/11/2026 23:59
Participación no concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación.
Prazo aberto: 05/11/2026 00:00 - 26/11/2026 23:59
Procedementos selectivos de acceso, ingreso e de adquisición de novas especialidades dos corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 24/02/2026 00:00 - 16/03/2026 23:59
Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo pechado: 31/10/2022 00:00 - 21/11/2022 23:59