Guía de procedementos e servizos

DE400B

Plan de patrocinio dos equipos de alta competición deportiva profesional de Galicia

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 09/06/2026 00:00 - 15/06/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

A posta en marcha do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición deportiva profesional de Galicia.

Ás entidades galegas que na tempada 2025/2026 conten con equipos deportivos que participen nas seguintes competicións:

BALONCESTO:

  • Liga Feminina Endesa.

  • Liga Masculina Endesa.

  • Primeira FEB.

BALONMÁN:

  • Campionato Estatal de División de Honra Feminina.

  • Campionato Estatal de División de Honra Masculina.

FÚTBOL:

  • Primeira División de Fútbol Feminino.

  • A Liga. LFP EA Sports.

  • A Liga. LFP HYPERMOTION.

  • PrimeIra División de Fútbol sala masculina.

VOLEIBOL:

  •  Liga IBERDROLA.

  •  Superliga Masculina.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Mdid, nº 2-4, ,2º andar Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

09/06/2026 00:00 - 15/06/2026 23:59

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais a contar dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.

Solicitude

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento DE400B, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  • Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código DE400B.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Plan de patrocinio dos equipos de alta competición deportiva profesional de Galicia

    • Anuncio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición deportiva profesional de Galicia 2026 (DOG nº 105 do 8 de xuño de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE200A

Voto por correspondencia a membro da asemblea xeral. Procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano