Guía de procedementos e servizos

DE200A

Voto por correspondencia a membro da asemblea xeral. Procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O presente procedemento ten por obxecto regular o voto por correspondencia a membro da Asamblea Xeral nos procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.

Ás persoas electoras a membros da asemblea xeral das federacións deportivas galegas.

Poderán ser persoas electoras e elixibles a membros da asemblea xeral:

a) Nos estamentos constituídos por persoas deportistas, persoas que ostenten a condición de xuíces/árbitros, e técnicos/adestradores/as, as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

1º Ser maior de idade na data de celebración das votacións.

2º Ter licenza federativa en vigor pola correspondente federación deportiva galega na data de convocatoria das eleccións e as dúas tempadas anteriores á da celebración das eleccións.

3º Ter participado nas dúas tempadas anteriores á de celebración das eleccións nunha competición deportiva oficial celebrada en cada tempada. Este requisito non será esixido para o caso das persoas que ostenten a condición de xuíces e árbitros. No caso de que, por causa de forza maior, non se tivesen realizado competicións deportivas oficiais no período indicado anteriormente, abondará con ter participado nunha competición deportiva oficial na tempada do último calendario oficial desenvolvido.

4º Nas modalidades ou especialidades deportivas en que a actividade deportiva non ten carácter competitivo, será suficiente con ser maior de idade na data de celebración das votacións e ter licenza federativa en vigor pola correspondente federación deportiva galega na data de convocatoria das eleccións e desde xaneiro do ano anterior ao da celebración das eleccións.

Ademais dos anteriores requisitos, comúns para ser elector e elixible, constitúe requisito específico de elixibilidade nestes estamentos que se trate de persoas que non estean inhabilitadas para ocupar cargos directivos ou de representación no ámbito deportivo por resolución firme na vía administrativa ditada polo órgano disciplinario competente, nin estar inhabilitadas para o desempeño de cargo público ou de representación por sentenza xudicial firme.

b) No estamento de entidades deportivas, as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

1º Inscrición desde o mes de xaneiro dos dous anos anteriores ao de celebración das eleccións na federación correspondente e no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

2º Participación desde o mes de xaneiro dos dous anos anteriores ao de celebración das eleccións, alomenos, nunha competición deportiva oficial por cada tempada. No caso de que, por causa de forza maior, non se tivesen realizado competicións deportivas oficiais no período indicado anteriormente, abondará con ter participado nunha competición deportiva oficial na tempada do último calendario oficial desenvolvido.

Ademais dos anteriores requisitos, comúns para ser elector e elixible, non serán elixibles as entidades deportivas filiais ou dependentes que teñan esta consideración segundo os estatutos ou normas da federación correspondente. A efectos electorais equipararanse a estas entidades as que, a pesar de ter estruturas independentes, compartan ao menos un 50% das súas licenzas.

2. Para os efectos do número anterior antenderanse como competición deportiva oficial a incluída como tal no calendario oficial da respectiva federación deportiva de Galicia ou a así cualificada polo órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte. Tamén terán esta consideración as competicións estatais e internacionais oficiais da respectiva federación española ou internacional ás cales a federación deportiva galega estea adscrita.

3. As persoas membros de cada federación que pertenzan a dous ou máis estamentos ou a dúas ou máis especialidades deportivas, deberán optar por unha delas mediante escrito dirixido á xunta electoral, que deberá cursarse no período de reclamacións ao censo provisional. O regulamento electoral deberá especificar os criterios para identificar as persoas electoras nun único estamento no caso de non exercerse a opción individual.

4. Poderán ter a condición de elixibles aquelas persoas físicas e xurídicas que atopándose sancionadas por un procedemento disciplinario deportivo, a sanción non comporte a inhabilitación da condición de elixibles.

5. Para os efectos deste procedemento, a licenza federativa única expedida por unha federación galega terá a mesma validez que a licenza federativa galega. No caso de persoas electoras que, cumprindo os requisitos establecidos anteriormente, dispoñan dunha licenza federativa única expedida por unha federación distinta dunha galega, deberán solicitar por escrito, dirixido á xunta electoral, a súa intención de participar no proceso electoral no prazo de catorce días hábiles a contar desde o día seguinte á data de exposición do censo electoral inicial no taboleiro de anuncios da federación e nas súas delegacións, así como na paxina web da federación nunha sección denominada «procesos electorais».

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Servizo de Fomento e Xestión Deportiva

Rúa de Madrid, nº 2-4, 2º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996364

Email: eleccions2026.deporte@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal/

Secretaría Xeral para O Deporte
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59

A partir do día seguinte ao da convocatoria das eleccións e ata cinco días hábiles despois da publicación do censo definitivo.

Prazo de presentación de solicitudes:

Desde: 01.04.2026

Ata: 31.12.2026

Forma de presentación

A solicitude presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixida ao órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte, conforme ao modelo do anexo II (código do procedemento DE200A).

A presentación electrónica será obrigatoria para as entidades deportivas e outras persoas electoras que estean obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso das persoas xurídicas deberá solicitar o voto por correo a persoa que apareza no censo como representante.

As persoas interesadas que non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, opcionalmente poderán presentalas nos servizos provincias do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte ou en calquera dos lugares e rexistros previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

Solicitude de voto por correo

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Datos incluídos no Rexistro de entidades deportivas de Galicia previsto na Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia, e regulado conforme ao Decreto 85/2014, de 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar unha copia dos documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dunha copia dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores

Recibida a solicitude, a Administración deportiva comprobará a inscrición da persoa solicitante no censo electoral, e enviaralle por correo certificado os sobres electorais e as papeletas de todas as candidaturas, así como a documentación necesaria, ao domicilio indicado na súa solicitude ou, na súa falta, ao que figure no censo.

A persoa electora introducirá a papeleta no sobre de votación do estamento e, se é o caso, especialidade deportiva e circunscrición á que pertenza. Posteriormente, este sobre introducirase dentro do que vai dirixido á mesa electoral do voto por correo, xunto coa fotocopia do DNI ou documento identificativo equivalente.

O envío deberá realizarse, nalgunha das oficinas de Correos, antes do sexto día hábil previo á data de celebración das eleccións, e deberá dirixirse ao enderezo do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte, que custodiará a documentación ata o día da votación.

O prazo límite para recibir os votos por correo finalizará vinte e catro horas antes das votacións presenciais.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2018).

    • Decreto 171/2021, do 23 de decembro, polo que se modifica o Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas (DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021).

    • Circular 01/2026 - Instrucións do Proceso Electoral 2026

    • Circular 2/2026 - Instruccións procedemento voto por correo

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.