Guía de procedementos e servizos

CT302B

Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2026 - Próxima apertura: 17/02/2026 09:00 - 17/03/2026 14:00

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

O fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos de Galicia no ano 2026.

1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles respecto dos cales ditou o acordo de inicio para a súa tramitación.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

3. As entidades solicitantes, no momento de presentaren a súa solicitude, ademais de cumpriren os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa aplicable, deberán ter cumprido o deber de remisión das últimas contas xerais de cada exercicio orzamentario ao Consello de Contas de Galicia.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En todo caso, as entidades solicitantes declararán non estaren incursas en tales circunstancias, consonte o establecido nesta convocatoria (anexo II, epígrafe «A persoa representante declara»).

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

https://industriasculturais.xunta.gal

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/02/2026 09:00 - 17/03/2026 14:00

 O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes e iniciarase aos 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de inicio comezará ás 9.00 horas. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, comezará o día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

A hora de fin do prazo de vencemento será as 14.00 horas.

 Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda, xa que para os efectos da concesión das axudas, se terá en conta a orde cronolóxica de entrada, considerándose como data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo, incluídas as achegas realizadas coa solicitude correctamente cuberta e achegada toda a documentación exixida na presente resolución.

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

1.1. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.2. Acreditación do cumprimento do deber de remisión das contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas.

1.3. Certificación emitida e asinada polo secretario ou secretaria da entidade local solicitante, en que se faga constar o acordo do concello polo que se solicita a subvención.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á entidade interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. A entidade solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos nesta convocatoria. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Sen prexuízo da documentación exixida para este procedemento, a Axencia poderá requirir á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electrónicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).

    • Extracto da Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT110C

Axudas destinadas a Centros Museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59

CT130A

Axudas para actuacións en materia de arquivos.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano