Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT236A
Subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Realización de actividades de dinamización de lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, no marco do programa Ler conta moito
Entidades locais de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo de Bibliotecas
Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n.
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999252-881999773
Email: lercontamoito@xunta.gal - servizo.bibliotecas@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/01/2026 00:00 - 11/02/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o día 12 de xaneiro ata o día 11 de febreiro de 2026, ambos incluídos.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:
a) Sexan titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.
b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
2. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos nesta orde.
3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos de participación
As bibliotecas públicas e as axencias de lectura municipais para as que se solicita a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren integradas na Rede de bibliotecas de Galicia –segundo o capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas– antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.
c) Ter cuberta, a través do formulario web habilitado para este efecto en www.rbgalicia.xunta.gal, a estatística de bibliotecas do ano 2024.
Quedan eximidas do cumprimento deste requisito as bibliotecas públicas ou as axencias de lectura que non tivesen actividade en 2024 por teren iniciado a súa actividade ou reactivado os seus servizos durante 2025 ou 2026, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, e sempre que tivesen comunicado esta circunstancia ao Servizo de Bibliotecas antes da publicación desta convocatoria.
d) Ter informatizada a xestión da biblioteca ou da axencia de lectura.
Solicitudes
1. As solicitudes de subvención ao abeiro desta orde dirixiranse á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día do pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Certificado de estar ao día do pagamento de débedas tributarias coa AEAT.
– Consulta de concesións ampliado.
– Consulta axudas do Estado.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 11 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 247 do 23 de decembro de 2025).
-
Extracto da Orde do 11 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 247 do 23 de decembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións a festivais de artes escénicas.
Prazo aberto: 02/12/2025 00:00 - 02/01/2026 23:59
Rexistro de Bibliotecas de Galicia.
Aberto todo o ano
Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Aberto todo o ano
Creación de novos servizos de lectura.
Aberto todo o ano