Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT221C
Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido nesta orde, para o cal deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2025 na epígrafe 476.1, edición de libros, do imposto de actividades económicas.
Non se poden beneficiar das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Así mesmo, quedan excluídos os proxectos que presenten contratos de tradución con persoas xurídicas.
En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editor a obras en que conste o mesmo tradutor.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo do Libro e Publicacións
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544810
Email: axudas-libro.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
27/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo e da forma establecida nesta orde.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I.
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as editoriais que sexan persoas xurídicas e para os seus representantes, así como para as editoras persoas traballadoras autónomas, de acordo co establecido nos artigo 14.2.a) e d) e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10.1 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG núm. 41, do 26 de xullo).
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
A. Documentación de carácter xeral. Esta documentación só se presentará unha vez, no caso de varias solicitudes da mesma editorial:
– Escritura pública da constitución da entidade ou equivalente, de ser o caso.
– Poder do representante legal, de ser o caso.
– Copia do último recibo de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.
– Certificado de exención de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.
– Declaración responsable de exención de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.
– Certificación onde conste o motivo polo que a editorial, sexa persoa física ou xurídica, non figura inscrita nas bases de datos da Axencia Estatal da Administración Tributaria, e/ou da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e/ou da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, de ser o caso.
– Plan de distribución da obra, acreditado con contratos ou certificado.
B. Documentación específica referida ás obras que se pretende traducir:
– Contrato coa persoa tradutora da obra con data a partir do 1 de xaneiro de 2024, conforme o establecido na Lei de propiedade intelectual, no cal deben constar o importe da tradución, os datos identificativos da persoa que realizará a tradución e que a obra obxecto da subvención se traduce desde a lingua orixinal.
– Breve referencia do interese cultural do autor que se propón traducir de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 13, nos cales se valorarán, entre outros, os seguintes aspectos: premios obtidos, número de títulos publicados, número de títulos traducidos, tiraxe e edicións da súa obra, valoracións en medios especializados, difusión do patrimonio cultural galego, nas súas diversas manifestacións, referidos á persoa do autor ou autora da obra, a súa vixencia e a súa influencia sociocultural (máximo 3 páxinas).
– Breve referencia do interese da obra que se propón traducir e da súa importancia para o enriquecemento da cultura galega de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 13, nos cales se valorarán, entre outros, os seguintes aspectos: número de edicións da obra que se vai traducir, en calquera lingua, editadas nos últimos vinte e cinco anos, linguas para as cales xa foi traducida, difusión do patrimonio cultural galego nas súas diversas manifestacións, a súa vixencia e a súa influencia sociocultural, contribución da obra á difusión da imaxe de Galicia como sociedade avanzada (máximo 3 páxinas).
– Currículo da persoa tradutora onde conste a obra traducida segundo o establecido no punto 2 do artigo 13 da orde de convocatoria, diferenciando obras literarias doutras traducións en ámbitos distintos do literario, así como dos premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional recibidos, e outra experiencia profesional como tradutor en ámbito diferente ao literario (máximo 2 páxinas).
– No caso de que a editorial conte cun equipo propio de tradución, certificación que acredite que a persoa responsable da tradución está incluída no seu cadro de persoal, nunha categoría que a habilite para o exercicio de tal labor, así como do seu currículo e a cuantificación do importe da tradución. De acordo co artigo 3, só se poderá incluír un máximo de cinco (5) obras do mesmo tradutor.
– Xustificante de ter os dereitos precisos para a publicación da obra.
– Xustificante de ter presentado un exemplar completo da obra para a cal se solicite a axuda. O exemplar da obra deberá presentarse en soporte papel cando sexa inviable a súa presentación electrónica, tal e como se recolle no artigo 9, número 5.
A documentación que se achegue coa solicitude debe vir obrigatoriamente nunha das dúas linguas oficiais de Galicia ou, noutro caso, acompañada da súa correspondente tradución, certificada pola editorial solicitante, que será responsable da veracidade da tradución.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
Forma de presentación da documentación complementaria.
1. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. A presentación electrónica será obrigatoria para as editoriais que sexan persoas xurídicas e os seus representantes, e para as editoriais que sexan persoas traballadoras autónomas. No caso de que algunha destas persoas presente a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial, dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Excepcionalmente, a documentación referida á achega dun exemplar completo da obra para a cal se solicita a axuda, prevista no artigo 8, alínea B, presentarase en soporte papel cando sexa inviable a súa presentación electrónica. A dita documentación poderá presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixirase á Dirección Xeral de Cultura, Servizo do Libro e Publicacións, na Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Alta no imposto de actividades económicas (IAE).
f) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
k) Consulta de concesión pola regra de minimis.
l) Certificado de domicilio fiscal.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2025).
-
Extracto da Orde do 27 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano