Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT208A - Subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais e para a posterior axuda á produción dunha obra audiovisual de contido específico que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021.
Obxecto
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de axudas para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais e para o posterior financiamento da produción dunha obra audiovisual que, non só promova a creatividade audiovisual, senón tamén promova e difunda o camiño de Santiago, a cultura xacobea e a internacionalización da marca Galicia como obxectivo estratéxico da Comunidade Autónoma de cara ao Xacobeo 2021, e que debe estrearse antes do 15 de decembro de 2020 (código de procedemento CT208A), e se procede á súa convocatoria.
No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
d) Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
e) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
E supletoriamente:
f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.
g) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Fases do procedemento de selección.
1. Fase 1.
Calquera solicitante poderá presentar unha única proposta de contido á fase 1 de selección. Rematado o prazo de presentación e unha vez emendadas as solicitudes, de ser o caso, unha comisión, da cal formarán parte profesionais expertos en audiovisual, procederá á avaliación das propostas de acordo coa calidade do proxecto, co seu interese cultural, coa formulación dos traballos de desenvolvemento previstos e coa súa viabilidade en canto ao financiamento e á realización, de conformidade cos criterios establecidos na base décimo terceira. Unha vez emitido o informe de valoración motivada por parte da comisión, a Agadic procederá á selección dos cinco proxectos que acaden maior puntuación total e elevará a proposta de resolución ao presidente do Consello Reitor da Agadic. A resolución de selección emitida comportará a concesión de subvención para a realización dos traballos de desenvolvemento aos cinco proxectos seleccionados e seralles notificada a todos os beneficiarios participantes na convocatoria.
2. Fase 2.
Os cinco beneficiarios seleccionados na fase anterior disporán dun prazo de catro meses, computados desde a notificación da resolución, para desenvolver a idea proposta e entregar o resultado dos traballos na Agadic, e deberán presentar a documentación exixida na base sétima, punto 2.3.
A mesma comisión de valoración encargada de avaliar os proxectos na fase 1 será a encargada de realizar un informe de valoración motivado que fundamentará a proposta de adxudicación dun único proxecto de acordo coa súa calidade, co impacto directo en Galicia en canto á proposta de localizacións, co impacto na industria audiovisual galega en canto á utilización de recursos humanos e empresas auxiliares, e coa súa viabilidade en canto a financiamento e realización, de acordo cos criterios previstos na base decimo cuarta. A proposta de adxudicación de subvención será elevada pola dirección da Axencia ao presidente desta para a súa resolución. Esta resolución seralle notificada a todos os beneficiarios participantes na fase 2 da presente convocatoria.
3. Concorrencia de subvencións.
As axudas outorgadas na fase 1 do procedemento deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do proxecto.
A subvención única outorgada na fase 2 do procedemento, segundo os límites establecidos no artigo 54 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, será compatible con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas, sempre que a intensidade de axuda non exceda o 50 % do importe subvencionable. O total de subvencións concedidas poderá chegar ata o 60 % nos supostos de producións transfronteirizas financiadas por máis dun Estado membro da Unión Europea ou nas que participen empresas produtoras de máis dun Estado membro.
No suposto de coproducións nacionais, para efectos de control das axudas e subvencións, teranse en conta a totalidade das axudas públicas recibidas para o proxecto, con independencia da entidade que reciba a subvención, e calcularase a porcentaxe correspondente sobre o total do gasto subvencionable español do proxecto.
A quen vai dirixido?
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes con unha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente durante polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa xurídica privada que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual nos termos establecidos na Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema (artigo 4.n). Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos por todas as empresas que a integran no momento da súa constitución.
Requisitos
- Só poderán ser destinatarias das subvencións aquelas empresas que teñan participación na produción creativa do proxecto audiovisual e que teñan unha participación igual ou superior ao vinte por cento do financiamento do proxecto audiovisual.
- Coa finalidade de obter unha obra audiovisual que garanta unha alta calidade de produción, viabilidade económica e de realización e alto potencial de distribución internacional, establécese que a entidade solicitante cumpra como requisitos adicionais os seguintes:
a) Ter producido unha longametraxe cinematográfica estreada simultaneamente en salas comerciais nacionais cun mínimo de 40 copias ou unha serie de ficción para TV ou plataforma dun mínimo de 6 capítulos de 50 minutos que fose emitida en dúas canles de televisión, sendo unha delas non nacional.
b) Ter realizado unha obra audiovisual (longametraxe cinematográfica ou serie de televisión de máis de 300 minutos de duración global) en réxime de coprodución internacional no seu historial.
- A idea/proxecto da obra audiovisual presentada terá unha duración mínima de 90 minutos, no caso de ter a consideración de longametraxe cinematográfica de ficción, e unha duración mínima de 300 minutos e un mínimo de seis episodios, no caso de considerarse serie de ficción.
- A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996096
Órgano responsable
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 14 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais e para a posterior axuda á produción dunha obra audiovisual de contido específico que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria.(DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
Extracto da Resolución do 14 de xuño de 2018 pola que aproban as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais e para a posterior axuda á produción dunha obra audiovisual de contido específico que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
Resolución do 22 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2018 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
Resolución do 30 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de xuño de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais e para a posterior axuda á produción dunha obra audiovisual de contido específico que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT208A) (DOG núm. 160, do 11 de agosto de 2020)
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
29/06/2018 00:00 - 30/07/2018 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Documentación para a presentación
- 1. Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:
- Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
- Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
- Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
- 2. As persoas solicitantes deberán enviar segundo se detalla e ordenadamente a seguinte documentación técnica:
2.1. Documentación relativa á empresa, na cal deberá constar:
- a) Historial creativo e profesional da empresa produtora.
- b) Segundo se trate da modalidade de cine ou televisión, informe de axente ou compañía de vendas que acredite a traxectoria de obras anteriores realizadas no mesmo formato do proxecto presentado, que conteña os países en que se comercializaron as ditas obras, destino final da comercialización, selección en festivais internacionais, e outros datos que poidan achegar información relevante sobre a traxectoria neste ámbito. O informe deberá ir acompañado do historial do profesional ou empresa que o emita.
- c) Segundo se trate da modalidade de cine ou televisión, informe de empresa distribuidora, canle de TV/operadora ou institución pública, que acredite a distribución para exhibición e/ou emisión nacional de obras anteriores realizadas no mesmo formato do proxecto presentado.
- d) Segundo se trate da modalidade de cine ou televisión, recoñecementos oficiais de coprodución e de nacionalidade de longametraxes realizadas con anterioridade, ou certificación das canles de televisión participantes na obra que acredite o seu carácter de coprodución internacional.
- 2.2. As seguintes declaracións e/ou compromisos responsables, recollidos no anexo I:
- a) Declaración relativa a outras axudas públicas solicitadas ou concedidas para o proxecto no momento de realizar a solicitude.
- b) Declaración relativa a calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.
- c) De ser o caso, que a entidade solicitante ten no seu historial producións anteriores de longametraxes cinematográficas con estrea simultánea en salas comerciais nacionais cun mínimo de 40 copias.
- d) De ser o caso, que a entidade solicitante ten producido con anterioridade series de ficción para televisión dun mínimo de 6 capítulos e 50 minutos cada un, emitidas nun mínimo de dúas canles de TV, das cales unha será non nacional.
- e) Que a entidade solicitante ten no seu historial longametraxes cinematográficas e/ou series de ficción para TV de máis de 300 minutos globais de duración, realizadas en réxime de coprodución internacional.
- 2.3. Documentación relativa á fase 1 (desenvolvemento de propostas), na cal deberá constar:
- a) Datos de identificación do proxecto e proposta de lingua orixinal de gravación.
- b) Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal ou de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles, segundo proceda.
- c) Información sobre o tipo de proxecto, intencións artísticas e público obxectivo.
- d) Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha páxina.
- e) Tratamento secuencial do proxecto de non menos de 20 páxinas e un máximo de 30.
- f) Proposta dos seguintes perfís profesionais: guionista definitivo/a, director/a, produtor/a executivo/a e casting principal.
- g) Proposta de localizacións.
- h) Plan financeiro da futura obra audiovisual.
- i) Proposta de plan de comercialización e lanzamento da obra audiovisual.
- j) Estimación do orzamento total da futura produción audiovisual.
- k) Plan de traballo das tarefas de desenvolvemento.
- l) Orzamento das tarefas de desenvolvemento segundo o anexo III.
- 3. Documentación que hai que presentar exclusivamente na fase 2 para os proxectos seleccionados (anexo IV), que se entregará no prazo máximo de catro meses contados desde a recepción da notificación da resolución de selección na fase 1 do procedemento, na cal constará a declaración responsable sobre as axudas públicas solicitadas ou concedidas nese momento para o proxecto, xunto coa seguinte documentación técnica:
- a) Datos identificativos do proxecto, especificando o título provisional e o logline.
- b) Documentación compulsada ou cotexada e acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.
- c) Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha folla.
- d) Descrición de intencións do proxecto audiovisual en canto a tratamento formal, target, deseño da produción, casting de actores e actrices e outros elementos técnicos e artísticos en relación co contido proposto.
- e) Primeira versión de guión do proxecto de longametraxe cinematográfica, de ser o caso.
- f) Primeira versión de guión de dous capítulos mais tratamento argumental completo dos capítulos restantes da serie de ficción televisiva, de ser o caso.
- g) Acordos previos asinados con produtor/a executivo/a, guionista, director/a.
- h) Historiais profesionais, facendo especial mención a traballos previos no mesmo formato do proxecto presentado, dos seguintes profesionais, sempre que se poida acreditar un compromiso de participación na obra: produtor/a executivo/a, guionista, director/a, actores e actrices principais e secundarios/as. No caso de achegar informes de empresas ou profesionais de distribución e vendas internacionais, estes deberán estar acompañados cos correspondentes historiais.
- i) Plan de financiamento e, de ser o caso, documentación xustificativa doutras subvencións públicas solicitadas e/ou concedidas, contratos ou cartas de interese relativas ao financiamento do proxecto e explotación da obra nos que se detallen as cantidades económicas (dereitos de propiedade e/ou de emisión con canles de televisión, acordos de vendas/distribución nacionais e internacionais, acordos de coprodución nacionais e internacionais, compromisos de investimento privado, achega de fondos propios e outros acreditativos da situación financeira do proxecto).
- j) Orzamento definitivo segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic.
- k) Plan de produción que inclúa cronogramas de preprodución, produción e posprodución, localizacións previstas, recursos humanos de produción que intervirán na execución do proxecto. No caso de detallar empresas e profesionais haberá que achegar as correspondentes cartas de compromiso asinadas.
- l) Estratexia de lanzamento, difusión e comercialización nacional e internacional elaborada por empresa ou profesional especializados, xunto co historial de traballos anteriores relacionados co proxecto proposto.
- m) Estratexia de adaptación do proxecto á narrativa transmedia.
- 4. Toda a documentación se presentará obrigatoriamente por vía electrónica. As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia autentica presentada.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a entidade ou persoa representante exprese o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a entidade ou persoa representante deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade ou persoa representante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Se algunha das entidades solicitantes presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Observarase o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.
Sempre que se realice a presentación electrónica de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa ou entidade representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- NIF da persoa xurídica solicitante.
- DNI ou NIE da persoa representante.
- Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
- Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas ou entidades representantes delas.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Estas bases, as solicitudes e os anexos que se xuntan, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas ou entidades representantes das entidades solicitantes realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa ou entidade representante da entidade interesada.
Anexos asociados
- Fase de Solicitude
- Orzamento das tarefas de desenvolvemento (Anexo III)
- Solicitude (Anexo I)
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Sete meses
Sentido do silencio: Negativo
Anexos asociados
- Fase de Xustificación
- Documentación da fase 2 (Anexo IV)
- Declaración de axudas para a fase de pagamento (Anexo II)
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"