Guía de procedementos e servizos

CT135B

Inclusión dun ben no catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Solicitar da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a incoación do procedemento para a inclusión, logo do estudo sobre a súa procedencia, dos bens mobles, inmobles e inmateriais no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, e que sen estaren incluídos entre os bens declarados de interese cultural, merezan ser considerados, polo seu recoñecido valor propio, como de interese relevante para a permanencia ea identidade da cultura galega a través do tempo.

Calquera persoa, física ou xurídica, titular ou non de interese lexítimo sobre o ben do que se pretende a súa inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural

San Caetano s/

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544010

Fax: 981544830

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural

Servizo de Protección e Fomento

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957288

Fax: 981957052

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de outubro de 2016.

Presentación dunha solicitude xunto coa documentación que figura no anexo do decreto regulador, identificando en todo caso de maneria concreta e exhaustiva o ben que se pretende a súa inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    • Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    • Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano