Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT130A
Axudas para actuacións en materia de arquivos.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A concesión das axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.
Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo do Sistema de Arquivos
Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995295/881995087/ 981957826
Fax: 881999740
Email: servizodearquivos.cultura@xunta.gal
https://www.cultura.gal/gl/servizos
https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl
Prazo de presentación: PECHADO
16/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Os proxectos presentados deberán seguir as recomendacións e normas técnicas de arquivos dispoñibles no Portal de Arquivos de Galicia https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl
2. Os solicitantes deberán dispoñer dunha aplicación informática de xestión documental que siga as normas técnicas de arquivos para a execución do proxecto.
3. O responsable técnico do proxecto será licenciado universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, e deberá acreditar formación e experiencia profesional en materia de arquivos e patrimonio documental.
4. No caso dos entes locais, segundo o artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Unha memoria detallada segundo o modelo que figura como anexo II, indicando de forma expresa:
1º. A aplicación informática de xestión documental implantada no arquivo.
2º. A relación de serie/s documentais e as datas extremas que describir con cargo a este proxecto.
3º. O nivel de descrición: unidade de instalación (caixas) ou unidade documental/expediente.
4º. O volume da documentación para describir, expresado en metros lineais e/ou o número de caixas normalizadas, coa estimación do número de rexistros descritivos asociados a cada intervalo de datas segundo o estipulado para a valoración da alínea d) do artigo 9.1.
5º. A persoa da entidade responsable do proxecto.
b) O orzamento desagregado do proxecto, segundo o anexo III, que inclúa a previsión de gastos así como a cantidade que se solicita.
c) Adicionalmente, poderanse achegar outros documentos complementarios para ampliar ou ilustrar a información contida nos datos do proxecto, a xeito de anexo, cando conteñan arquivos como imaxes, táboas, follas de cálculo, gráficos, etc.
d) A acreditación da representación, de ser o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Consulta de concesións ampliado.
g) Consulta de axudas do Estado.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014).
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2016).
-
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).
-
Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).
-
Resolución do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 18 de maio de 2026 de concesión de axudas convocadas mediante a Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 104 do 05 de xuño de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Declaración de ben de interese cultural.
Aberto todo o ano