Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT115A
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Regular as doazóns de bens do patrimonio documental a un arquivo dependente da Xunta de Galicia.
Persoas físicas ou xurídicas titulares de bens do patrimonio documental.
Requisitos
Presentar a correspondente solicitude na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do director do centro.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de outubro de 2016.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitude segundo o Anexo I.
Anexo II.
Fotografías.
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Tres meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.
A resolución pode ser:
- Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
- Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).
Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo do Sistema de Arquivos
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995087/ 981957826
Fax: 881999740
Órgano responsable
-
Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016). Ligazón á normativa
-
Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2018). Ligazón á normativa
-
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014). Ligazón á normativa
-
Decreto 122/2012, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento de composición e funcionamento do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia (DOG nº 97 do 23 de maio de 2012). Ligazón á normativa
-
Código Civil, artigos 10, 609, 618 e seguintes (BOE nº 206, do 25 de xullo de 1889). Ligazón á normativa
-
Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia (BOE nº 97, do 22 de abril de 1996). Ligazón á normativa
-
Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (BOE nº 276, do 16 de novembro de 2011). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (BOE nº 29, do 3 de febreiro de 2012). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Creación/modificación substancial de centros museísticos
Aberto todo o ano