Guía de procedementos e servizos

CO301B

Bonos Activa comercio.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Segunda convocatoria 2026 - Prazo aberto: 28/10/2026 09:00 - 15/12/2026 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Que é e para que serve

Convocatoria segunda edición do 2026 do programa bonos Activa Comercio.

Quen pode solicitalo

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas, de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

Poderán descargar os bonos Activa comercio as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan maiores de idade

b) Que residan na Comunidade Autónoma de Galicia

c) Que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras.

d) Que tramiten as súas solicitudes conforme ao establecido nesta orde.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: ABERTO

28/10/2026 09:00 - 15/12/2026 23:59

Prazo para a adhesión dos establecementos comerciais:



O prazo de adhesión comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de decembro de 2026 ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito da última edición convocada.



Prazo para a descarga dos bonos: 



Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 28 de outubro de 2026, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.




Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Adhesión dos comercios ao programa

1. Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal, cubrindo o correspondente formulario.

2. A alta e o uso da aplicación polas persoas comerciantes suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade.

3. A adhesión ao programa bonos Activa Comercio será única para todas as edicións do programa que se convoquen no ano 2026.

4. Na alta para a adhesión ao programa as persoas comerciantes poderán outorgar a súa autorización para recibir información das axudas, actuacións e programas que poña en marcha a Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

5. As persoas comerciantes deberán asinar dixitalmente a declaración responsable, manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados, sen prexuízo de cantas outras formalidades estean obrigadas a cumprir. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá comprobar e, no seu caso, solicitar en calquera momento os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.

6. Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas condicións nin coa forma establecida nesta orde.

7. O nome comercial e a localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa bonos Activa comercio faranse públicos na web www.bonosactivacomercio.gal

8. As persoas comerciantes adheridas ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para ese efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento, excepto no suposto previsto no artigo 20 das bases reguladoras.

9. Comprobación de datos das persoas comerciantes.

Poderán consultarse automaticamente os datos das persoas comerciantes incluídos no formulario de solicitude, en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

No caso de que a persoa interesada se opoña á súa consulta, deberá achegar os correspondentes documentos.

Descarga dos bonos polas persoas usuarias

1. Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta a través da aplicación móbil na web www.bonosactivacomercio.gal, indicando a seguinte información:

a) Nome e apelidos.

b) Maioría de idade.

c) DNI ou NIE.

d) Localidade de residencia (código postal).

e) Número de teléfono móbil.

f) Correo electrónico.

2. O uso da páxina web e a descarga dos bonos polas persoas usuarias suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade, conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, do cal serán informadas convenientemente.

3. As persoas usuarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.

4. Así mesmo, as persoas usuarias deberán declarar responsablemente que están ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda Pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

5. Opcionalmente, os bonos poderán solicitarse presencialmente na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e nos departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

As persoas interesadas, ou os/as seus/súas representantes, poderán autorizar expresamente os/as empregados/as para a solicitude e a obtención dos bonos en formato papel. Neste suposto, deberase acreditar a representación expresa por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna ou mediante declaración responsable en comparecencia persoal da persoa interesada ante o/a funcionario/a da Administración.

Sistema de funcionamento dos bonos

1. A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP bonos Activa comercio.

3. No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda e aparecerá automaticamente o importe que deben cobrar (unha vez aplicado o desconto). O concepto da venda introducido na APP debe corresponderse coa numeración do tícket ou factura de compra entregada á clientela.

Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.

4. Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento que se estableza nas correspondentes ordes de convocatoria de cada unha das edicións do programa.

5. Nas correspondentes ordes de convocatoria de cada unha das edicións do programa poderanse establecer, de ser o caso, as bases dun sorteo en que poderán participar as persoas beneficiarias dos bonos Activa comercio nos termos que se establezan nas ditas bases.

Comprobación de datos

1. Poderán consultarse automaticamente os datos das persoas comerciantes incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

2. Poderán consultarse automaticamente os datos das persoas usuarias incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

- DNI ou NIE da persoa solicitante.

3. No caso de que a persoa interesada se opoña á súa consulta, deberá achegar os correspondentes documentos.

4. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

6. Non se aplicará o desconto dos bonos ás compras en liña.

7. Os bonos Activa comercio non se poderán utilizar para a adquisición de cartóns regalo, vales, bonos ou similares.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 545 557/ 981 544 530/ 881 995 529

Email: bonos.activa.comercio@xunta.gal

Órgano responsable

Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (DOG nº 57 do 26 de marzo de 2026). Ligazón á normativa

    • Orde do 7 de outubro de 2026 pola que se convoca a segunda edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2026). Ligazón á normativa

    • Extracto da Orde do 7 de outubro de 2026 pola que se convoca a segunda edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2026). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano