Guía de procedementos e servizos

BS660A

Recoñecemento da condición de usuario/a do servizo galego de apoio á mobilidade persoal

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Este decreto ten por obxecto a regulación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia (SGAMP) que teñan recoñecida a imposibilidade de utilización de transporte público colectivo motivada pola súa situación de discapacidade ou dependencia, a definición da súa natureza e características, así como a determinación dos requisitos e do procedemento que permitan o acceso a prestación do servizo.

O ámbito de aplicación do presente decreto é o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O servizo regulado na presente disposición ten como finalidade:

a) Poñer á disposición das persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia que teñan recoñecida a imposibilidade de utilizar o transporte público colectivo, un transporte axeitado para facilitarlles a súa mobilidade.

b) Favorecer o acceso, en condicións de igualdade efectiva, ás persoas con discapacidade e/ou ás persoas en situación de dependencia aos servizos e recursos que faciliten a promoción da súa autonomía persoal así como a súa participación no contorno habitual.

Persoas residentes en Galicia.

As obrigas do/a usuario/a serán as seguintes:

1. Colaborar coa administración para garantir unha axeitada e eficaz prestación do servizo, e de xeito fundamental cumprir cos prazos que regulamentariamente se establezan ao respecto das comunicacións de anulacións de servizos solicitados e confirmados.

2. Facilitarlles aos órganos competentes toda a información que resulte necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da prestación e a continuidade das condicións de acceso ao servizo así como comunicar os cambios de circunstancias familiares ou sociais que puidesen resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción do servizo.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Dependencia da Coruña

R/Concepción Arenal, 7-9

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881504

Fax: 981881506

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Dependencia de Lugo

R/ Serra de Ancares, 68 baixo

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294427

Fax: 982889162

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Dependencia de Ourense

R/ Sáenz Díez, nº 33

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386199

Fax: 988386159

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Dependencia de Vigo

Praza da Estrela, s/n - 3º Andar

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817217

Fax: 986817637

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

a) Ter recoñecida a imposibilidade de utilización de transporte público colectivo, motivada pola súa situación de dependencia ou discapacidade. A imposibilidade de utilización do transporte público colectivo determinarase aplicando os criterios establecidos no Anexo 2 do Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

b) Ter recoñecida a situación de dependencia en calquera dos seus graos conforme a normativa que sexa de aplicación ou ter recoñecido, conforme a normativa aplicable, un grao de discapacidade igual o superior ao 75%.

Excepcionalmente poderán obter a condición de persoa usuaria aquelas persoas que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 75%, sempre que se acredite a concorrencia de circunstancias que aconsellen o uso de transporte adaptado e así conste no informe social unificado.

As solicitudes, que poderán presentarse en calquera momento, formalizaranse no modelo normalizado do anexo I desta norma e dirixiranse á xefatura territorial da consellería con competencia en materia de atención ás persoas con discapacidade e ás persoas en situación de dependencia, correspondente á provincia na cal a persoa solicitante teña a súa residencia, acompañada da seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia, cando a persoa solicitante sexa menor de idade e non posúa DNI.

  • No seu caso, certificado do recoñecemento do grao de discapacidade e/ou do grao e nivel de dependencia cando sexa expedido por outra comunidade autónoma. 

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante

  • DNI o NIE da persoa representante

  • Título de familia numerosa

  • Certificado de discapacidade

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 99/2014, do 24 de xullo, polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2014).

Outros procedementos relacionados

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS604A

Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS605A

Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS611B

Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano