Guía de procedementos e servizos

BS412A

Axudas economicas as familias para a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares a traves do Bono Concilia Familia

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 08/09/2025 09:00 - 08/10/2025 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

Concesión de axudas ás familias residentes en Galicia con nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021,  para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 7 de setembro  de 2025.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Concilia Familia :

Os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

No suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por necesidades en períodos de vacacións escolares, ambos pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor de familia monoparental terán que estar traballando. Para os efectos deste punto, as situacións de incapacidade permanente absoluta e gran invalidez equiparanse a esta situación. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente, acreditando que nese período de tempo lle corresponde a garda e custodia á persoa que solicita esta axuda, debendo presentar, nestes casos, cada pai/nai unha solicitude individual.

2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña

R/ Gregorio Hernández, 2-4

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185704

Email: administrativos.familia.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294442

Email: xefaturaterritorial.ctb.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense

Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386121

Email: politicasocialourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 -1º

36003  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817821

Email: familia.ctb.vigo@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

08/09/2025 09:00 - 08/10/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará ás 9.00 horas do día 8 de setembro de 2025 e finalizará o día 8 de outubro de 2025 ás 23.59 horas.

Solicitudes.

 As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal debendo realizar unha única solicitude por neno ou nena, agás nos caso de custodia compartida, e por un único tipo de gasto.

En caso de presentar máis dunha solicitude, atenderase á primeira solicitude realizada.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I) que irá dirixida ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da provincia onde teñan o seu domicilio, a seguinte documentación xeral:

a) Copia do/dos libro/s de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

b) Copia da resolución xudicial, libro de familia ou certificado do Rexistro Civil en que conste a adopción ou certificado administrativo da garda con fins adoptivos, cando se trate de adopcións formalizadas por outra comunidade autónoma.

c) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a situación de tutela, de ser o caso, só cando se trate de tutelas formalizadas por outra comunidade autónoma.

d) Copia da resolución administrativa de acollemento familiar, de ser o caso, cando se trate de acollementos formalizados por outra comunidade autónoma.

e) Certificado da monoparentalidade, de ser o caso, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

f) Sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, nos casos de familias con custodia compartida ou formadas por unha soa persoa proxenitora como consecuencia de separación legal, divorcio ou outras situacións análogas.

g) Copia do título de familia numerosa cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

h) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla conviventes cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

i) Acreditación da solicitante, de ser o caso, da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada polo letrado ou letrada da Administración de xustiza.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero.

6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

7 º. Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

j) Certificado de afiliación a Mutualidad General Judicial (MUXEXU) ou Instituto Social de las Fuerzas Armadas (ISFAS) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

2. No caso de que o cónxuxe ou persoa con unión análoga á conxugal, ou outro membro da unidade familiar, se opuxesen á comprobación dos datos recollidos no número 1, deberanse achegar os documentos acreditativos dos ditos datos.

3. Así mesmo, deberán achegar a seguinte documentación acreditativa da causa que dá dereito á axuda nos supostos do artigo 4.1:

a) Xustificante médico acreditativo da situación de enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, de ser o caso.

b) Documento acreditativo da asistencia á entrevista ou curso en que conste expresamente a data e horas da súa celebración, no caso de asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.

c) Se é o caso, xustificante médico acreditativo da situación establecida no artigo 4.1.a).4º que dá lugar á necesidade de coidado e documentación acreditativa do parentesco co neno ou nena ou coa persoa coidadora habitual.

d) Se é o caso, resolución da declaración de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez nos casos establecidos no artigo 4.1.b).

4. Igualmente, en caso de situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual, declaración responsable da persoa solicitante coa descrición sucinta da situación e indicación da súa duración.

5. Presentarase a seguinte documentación específica acreditativa da actuación realizada, das que a continuación se relacionan:

a) No caso de contratación de servizos de atención a domicilio, de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade ou de recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares, achegarase:

1º. Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente dos gastos realizados, onde conste expresamente a identificación co nome, apelidos e documento nacional de identidade (DNI)/Número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa que figure como solicitante da axuda no anexo I, e do/dos neno/s ou nena/s que recibe/n o servizo e o/s día/s nos que este se prestou. As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2º. Xustificantes bancarios que acrediten o pagamento da factura, agás que o importe da mesma sexa inferior a 1.000 euros que se xustificará mediante a presentación do recibo do provedor.

b) No caso de contratación dunha persoa empregada do fogar, achegarase:

1º. Contrato de traballo onde conste expresamente o período de contratación, o seu obxecto como coidadora de menores e o intervalo horario en que se presta o servizo.

2º. Xustificantes bancarios do pagamento do salario e das cotas da Seguridade Social.

6. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados con anterioridade pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

7. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del..

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI, NIE da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Certificado de datos de convivencia actual.

c) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias emitida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante.

d) Certificación de estar ao día das obrigas coa Seguridade Social da persoa solicitante.

e) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante.

f) Informe da vida laboral da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

g) Certificado de afiliación á Mutualidad Geral de Funcionarios Civiles del Estado (MUFACE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Resolución xudicial ou administrativa que declarase a adopción ou a garda con fins adoptivos formalizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Resolución xudicial ou administrativa que declara a situación de tutela formalizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Resolución administrativa de acollemento formalizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Certificado de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade dos fillos ou fillas conviventes expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte da solicitude, que dispón do documento asinado polo cónxuxe ou persoa con unión análoga á conxugal ou outro membro da unidade familiar, no que autoriza ou se opón á comprobación dos datos destas últimas, conforme o modelo do anexo II. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.

Así mesmo, no caso de que o cónxuxe ou persoa con unión análoga á conxugal ou outro membro da unidade familiar se opoña á comprobación de datos, farao constar na dita declaración responsable e, consecuentemente, presentará os documentos que os acrediten.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 25 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación, en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares, a través do programa Bono Concilia Familia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 170 do 4 de setembro de 2025).

    • Extracto da Orde do 25 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación, en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares, a través do programa Bono Concilia Familia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 170 do 4 de setembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS403B

Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59

BS404A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano