Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS307A
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
A declaración responsable de inicio de actividade constitúe un documento subscrito pola persoa prestadora do servizo, de acordo cos modelos normalizados que figuran nos anexos deste decreto, no cal declara baixo a súa responsabilidade:
a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo correspondente deste decreto, en función da natureza do servizo.
b) Que, en función da natureza do servizo que vai prestar, cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos nos títulos I, II e III deste decreto para ese servizo.
c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.
3. De producirse un cambio na titularidade do servizo, a nova persoa titular deberá subscribir unha nova declaración responsable co mesmo contido que se detalla no punto segundo deste artigo. Esta nova declaración deberá presentarse nun prazo non superior a quince días dende que se produza o cambio de titularidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957057 / 981544866
Fax: 981545843
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294599
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386120 / 988386113
Fax: 988386119
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Concepción Arenal, 8-1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817781 / 986817782
Fax: 986817082
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Dende o 29 de febreiro de 2012
Toda persoa física ou xurídica que queira iniciar a prestación de servizos en escolas de tempo libre, reguladas no Título III deste decreto, no momento de emitir a declaración responsable de inicio de actividade, segundo o modelo oficial que figura no anexo VI, deberá estar en posesión da seguinte documentación:
a) Acreditación da titularidade do centro.
b) Proxecto educativo e sistema educativo da escola, con especificación das modalidades de ensinanzas que se vaian impartir.
c) Descrición detallada dos medios materiais e educativos de que disporá. A este respecto, todas as escolas de tempo libre deberán contar cun local que, como mínimo, disporá dos seguintes espazos diferenciados: espazo de atención ao público, aula, espazo específico de arquivo e sala de reunións para o profesorado.
d) Os programas específicos do centro para os diferentes niveis que se pretenden impartir, de acordo cos contidos do título III deste decreto.
e) Acreditación suficiente de que o director ou directora e o profesorado posúen as titulacións exixidas no artigo 63 deste decreto.
f) Xustificación e documentación acreditativa das posibilidades de realización da fase de prácticas que a escola de tempo libre lle ofrecerá a todo o seu alumnado.
g) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
h) Estatutos da escola de tempo libre que conterán, como mínimo, os seguintes datos:
Denominación da escola de tempo libre, que non poderá coincidir nin ser similar con outras xa inscritas no Rexistro de Servizos á Xuventude.
Domicilio social.
Órganos de dirección, goberno e administración.
Ámbito territorial en que desenvolverá as súas actividades.
Rexime económico, con determinación da procedencia e destino dos seus recursos económicos.
.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2012).
-
Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG nº 49 do 10 de marzo do 2000).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano