Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU113C
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Información sobre a exención da taxa
Logo da entrada en vigor da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas todas as persoas físicas e xurídicas que presenten unha declaración de responsable para a realización de actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía (código de procedemento AU113C) están exentas do pago da taxa "Actuacións de comprobación e control das declaracións responsables para a realización de actuacións menores no dominio público hidráulico e na súa zona de policía, conforme o establecido na normativa de augas ( código da taxa 31.30.21)".
“ A presentación da declaración responsable previa para a realización de actividades e usos en dominio público hidráulico e na sua zona de policía no ámbito da demarcación hidrográfica Galicia-Costa”.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Zona Hidrográfica de Galicia Norte
Rúa Vicente Ferrer, nº 2 - 9ª planta
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182530
Email: dgn.augas@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Zona Hidrográfica de Galicia Centro
Rúa Tomiño, nº 16 - baixo
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544927
Email: dgc.augas@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Zona Hidrográfica de Galicia Sur
Rúa López de Neira, nº 3 - 4ª planta, local 403
36202 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817159
Email: dgs.augas@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Zona Hidrográfica da Mariña
Ronda da Muralla, 70-2º Baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294414
Email: servizo.augas.lugo@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Forma de presentación
A declaración responsable presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado establecido no anexo I desta orde, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, os traballadores autónomos para os trámites e actividades que realicen no exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa declaración responsable presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da declaración aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación da declaración responsable poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a declaración responsable presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa declaración a seguinte documentación:
a) Documentación que acredite a representación do comparecente, se for o caso.
b) Calquera outra que se considere necesaria para acreditar o carácter menor da actuación.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da declaración. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da declaración responsable e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas, os documentos identificativos (DNI/NIE para persoas físicas e NIF para persoas xurídicas), tanto das persoas que realizan a declaración como das representantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de declaración responsable e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da declaración
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das declaracións responsables tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Declaración Responsable (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 18 de febreiro de 2020 pola que se aproba o modelo de declaración responsable para realización de actuacións menores de mantemento e conservación no dominio público hidráulico e zona de policía (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Autorización para cortas en zona de servidume de leitos.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano