Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR802Q
Premios á cooperación
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.
Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Promoción da Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999268
Email: economiasocial.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
01/02/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
O prazo de presentación das solicitudes comeza ao día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2025.
- Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.
- Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que fosen premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.
- Tampouco poderán ser premiadas as cooperativas en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde, nos modelos de solicitude que figuran como anexos (anexos I e IV), acompañadas da documentación sinalada nesta orde, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
2. Para os procedementos do programa I (TR802O) e do programa II (TR802Q) as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexo I para o procedemento TR802O e anexo IV para o procedemento TR802Q) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Para o programa II, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Datos identificadores da cooperativa: data de constitución, número e clase de persoas socias, número de traballadores/as, actividade e volume de negocio anual.
b) Memoria explicativa dos méritos que distinguen a candidatura, que permitan apreciar os criterios de valoración correspondentes á modalidade ou modalidades ás cales se presente. Esta memoria non poderá exceder as 20 páxinas e deberá incluír un índice e unha ficha resumo.
c) Documentación xustificativa dos méritos alegados en formato texto, vídeo, fotografía, etc., de modo que o tribunal poida obter unha visión o máis completa posible.
d) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, con excepción dos traballos a que se refire a letra a) do número 5 do artigo 21 (debuxos, pinturas ou maquetas que non sexan de creación dixital), que se deberán entregar, debidamente identificados, na Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela). Poderase utilizar calquera tipo de envío sempre que garanta a entrega no lugar e no prazo previsto na convocatoria.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación do procedemento do programa II consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino e os premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino e os premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego
Aberto todo o ano
Cualificación como Centros Especiais de Emprego.
Aberto todo o ano
Situación legal de desemprego de socios/as de Cooperativas de Traballo Asociado.
Aberto todo o ano
Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis.
Prazo aberto: 17/02/2025 00:00 - 16/09/2025 23:59