Guía de procedementos e servizos

SA200A

Reintegro de gastos de prestación farmacéutica ao abeiro do artigo 4 do real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, que engade un novo artigo 94.bis á lei 29/2006, do 26 de xullo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve
Establecer o procedemento para a xestión do reintegro de gastos pola adquisición de produtos farmacéuticos para aqueles pensionistas, ou beneficiarios deles, con tarxeta sanitaria en vigor do Servizo Galego de Saúde, nos casos previstos nas presentes instrucións, en que estes superen os topes máximos de achega mensual fixados polo artigo 94.bis da Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, de conformidade coa redacción introducida polo Real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, ou aqueles outros usuarios, con tarxeta sanitaria en vigor do Servizo Galego de Saúde, nos supostos previstos nas presentes instrucións.
Quen pode solicitalo
Pensionistas.

Requisitos

1. Co obxecto de simplificar o procedemento de reembolso previsto polo artigo 94.bis da Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, para o caso do importe das achegas que excedan do tope máximo de achega mensual fixado no caso de usuarios pensionistas, e de garantir a continuidade dos tratamentos prescritos, establécese un límite mensual de achega para as dispensacións efectuadas a través do sistema de dispensación de receita electrónica do Sistema Público de Saúde de Galicia, nos seguintes casos:

a) 8 euros para as persoas que teñan a condición de asegurado como pensionistas da Seguridade Social e os seus beneficiarios cuxa renda sexa inferior a 18.000 euros.

b) 18 euros para as persoas que teñan a condición de asegurado como pensionistas da Seguridade Social, e os seus beneficiarios, cuxa renda sexa igual ou superior a 18.000 euros e inferior a 100.000 euros.

c) 60 euros para as persoas que teñan a condición de asegurado como pensionistas da Seguridade Social e os seus beneficiarios cuxa renda sexa igual ou superior a 100.000 euros.

2. Acadado polo usuario o seu límite mensual de achega, non continuará realizando máis achegas económicas durante o resto de días do mes en curso en todas aquelas dispensacións que se produzan a través de receita electrónica do Sistema Público de Saúde de Galicia, sen prexuízo de que poderá percibir os reintegros que lle puideran corresponder polas achegas efectuadas nos casos previstos nestas instrucións.

O usuario con tarxeta sanitaria en vigor do Servizo Galego de Saúde poderá cursar solicitude de reintegro de gastos cando concorra algún dos seguintes supostos:

a) Que por motivos de viaxe ou desprazamentos a outras comunidades autónomas, aboase unha achega superior á que lle correspondería de acordo cos topes máximos de achega establecidos na norma de aplicación.

b) Que non lle fora aplicada correctamente a porcentaxe de achega ou o tope máximo mensual que lle corresponda no momento da dispensación do medicamento ou produto sanitario, por cambio da situación do usuario ou outra causa debidamente xustificada, que este debe acreditar.

c) Calquera outro suposto que xustifique que a achega efectuada polo usuario supere a porcentaxe ou importe que lle corresponda de acordo coa normativa de aplicación.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Tarxeta sanitaria individual do solicitante.

  • Ticket-factura (recibo) da oficina de farmacia, consonte o sinalado no apartado sexto punto 2.a das Instrucións sobre o procedemento de xestión do reintegro de gastos da prestación farmaceutica ambulatoria previsto no artigo 4 do Real decreto lei 16/2012, do 20 abril, que engade un novo artigo 94.bis á Lei 29/2006, do 26 de xullo ........

  • Volante de instrucións ao paciente (copia da receita) ou folla de medicación activa que acredite a existencia da receita con selo estampillado da oficina de farmacia como xustificación de que o produto foi dispensado.

  • Certificación do INSS, no caso de incidencia por cambio de situación ou por outra causa na porcentaxe de achega ou no tope máximo mensual recollidos na base de datos de tarxeta sanitaria para o usuario, con indicación da data desde que se produciu a inci­dencia.

  • Calquera outro documento que acredite a causa da solicitude de reintegro.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

3 meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Xerencia do Servizo Galego de Saúde

Órgano responsable

Xerencia do Servizo Galego de Saúde
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016). Ligazón á normativa

    • Resolución do 27 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda dar publicidade ás instrucións sobre o procedemento de xestión do reintegro de gastos da prestación farmacéutica ambulatoria previsto no artigo 4 do Real decreto Lei 16/2012, do 20 abril, que engade un novo artigo 94.bis á Lei 29/2006, do 26 de xullo (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2012). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 30/11/2026 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano