Guía de procedementos e servizos

SA101K

Autorización de funcionamento/renovación/modificación de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Que é e para que serve
Regular o réxime xurídico xeral e o procedemento de autorización de instalación de centros, servizos e establecementos sanitarios, públicos ou privados, de calquera clase ou natureza, localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os centros, servizos e establecementos sanitarios defínense e clasifícanse de acordo coa nomenclatura que establecen os anexos I e II do Real decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste decreto, rexéndose pola súa normativa específica:

a) Os establecementos dedicados á importación ou elaboración de medicamentos ou produtos sanitarios.

b) Os servizos e unidades técnicas de protección radiolóxica.

c) Os centros, servizos e establecementos integrados na rede de sanidade militar.

d) As oficinas de farmacia, a excepción das disposicións referentes ao rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios, que serán de obrigado cumprimento.

Quen pode solicitalo
Titulares de centros, servizos e establecementos sanitarios interesados en continuar coa actividade.

Requisitos

Manter os requisitos e condicións mínimas sinaladaos para os centros, servizos e establecementos sanitarios.
Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da su publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo IB deste Decreto.

  • Copia do NIF para o caso de que o titular sexa unha persoa xurídica ou do DNI para o caso de que o titular sexa persoa física e non autorice a consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

  • Acreditación do representante legal cando sexa o caso.

  • Planos de distribución dos espazos segundo a finalidade e localización do equipamento sanitario.

  • Memoria en que se especifique: actividades ou servizos que se van prestar, días de apertura, horario, equipamentos e infraestruturas necesarias para realizar a oferta asistencial, así como regulamentación de funcionamento.

  • Designación e aceptación do responsable do centro/servizo ou responsable tecnico do establecemento, o cal deberá acreditar a capacidade mediante a correspondente titulación oficial ou cualificación profesional para o desenvolvemento desta función.

  • Documentación que acredite a vinculación entre o persoal sanitario e o centro/servizo/establecemento sanitario.

  • Copia da titulación academica ou habilitación profesional do persoal que o faculte para levar a cabo as actividades sanitarias para as que se solicita autorización.

  • Documentación acreditativa dos concertos ou vinculación con outras unidades ou servizos, en caso de resultar necesario para a atención dos pacientes (con laboratorio de análises para os puntos de extracción, con oficina de farmacia ou servizo de farmacia para os depósitos de medicamentos, con outros centros ou servizos autorizados).

  • Memoria explicativa do manexo e custodia das historias clínicas.

  • Memoria de esterilización.

  • Xustificante de aboar a taxa correspondente.

  • Outros documentos exixidos pola lexislación sanitaria e/ou específica.

  • Esta entidade titular dispón e se compromete a facilitar á Administración a seguinte documentación, que así o acredita e a manter dito cumprimento: Se o titular e persoa xurídica:

    • Escritura de constitución da sociedade.

    • Certificación de inscrición no Rexistro Mercantil.

  • Documento acreditativo da propiedade ou dispoñibilidade xurídica do centro/servizo/establecemento sanitario: copia do contrato de arrendamento ou escritura de compravenda do local. 1.c. Documentación que acredite o aseguramento

    • Documentación que acredite a vinculación entre o persoal sanitario e o centro/servizo/establecemento sanitario.

  • Contrato de xestión de residuos cun xestor autorizado pola consellería competente en materia de ambiente e presentar o Plan de Xestión de Residuos na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

  • No caso de dispoñer de sistemas de diagnóstico por imaxe ou instalacións de radiodiagnóstico, disporán:

    • Inscrición no Rexistro de Equipamentos e Instalacións de RX con fins de diagnóstico medico da Consellería de Industria.

    • Certificado dos controis das instalacións efectuados pola Unidade Tecnica de Protección Radiolóxica.

    • Documento acreditativo do título de operador/director de instalacións radiolóxicas.

    • Documento de presentación do Programa de garantía de calidade.

    • No caso de dispoñer de instalacións de radioterapia: autorización de posta en funcionamento concedida polo Consello de Seguridade Nuclear.

  • Cando se trate dun establecemento de ortopedia ou óptica que dispense produtos que fabrica á medida, disporá da licenza sanitaria de funcionamento outorgada pola correspondente xefatura provincial da Consellería de Sanidade.

  • Inscrición do Ficheiro de datos na Axencia de Protección de Datos.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • Que vai pasar despois de que o presente

    Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

    Cinco meses

    Que ocorre se non recibes resposta?

    Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

    Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

    A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

    A resolución pode ser:

    • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
    • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

    Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

    Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

    Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Desde a Carpeta cidadá podes:

    • Consultar o estado do teu expediente.
    • Acceder á documentación.
    • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


    Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

    Podes consultar a localización destas oficinas en: 

    https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

    Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

    Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

    https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

    Onde obter máis información

    Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

    Xunta de Galicia

    Consellería de Sanidade

    Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

    Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de A Coruña

    R/ Durán Loriga, 3

    15003  Coruña, A  (Coruña, A)

    Teléfono: 981 155 817/ 981 155 823

    Fax: 981 155 869

    Xunta de Galicia

    Consellería de Sanidade

    Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

    Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Lugo

    Montevideo, 9

    27001  Lugo  (Lugo)

    Teléfono: 982 292 107

    Fax: 982 292 115

    Xunta de Galicia

    Consellería de Sanidade

    Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

    Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Ourense

    Avda. Zamora, 13

    32071  Ourense  (Ourense)

    Teléfono: 988 066 321

    Fax: 988 386 302

    Xunta de Galicia

    Consellería de Sanidade

    Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

    Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra

    Avda. María Victoria Moreno, 43-1º

    36071  Pontevedra  (Pontevedra)

    Teléfono: 986 885 810/ 986 885 827

    Fax: 986 814 186

    Órgano responsable

    Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade
    Normativa
      Ámbito Autonómico
      • Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009). Ligazón á normativa

      • Decreto 42/2014, do 27 de marzo, polo que se modifica o Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (DOG nº 71 do 11 de abril de 2014). Ligazón á normativa

      Ámbito Estatal
      • Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 254, de 23 de outubro de 2003). Ligazón á normativa

      • Corrección de errata do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 279, do 21 de novembro de 2003). Ligazón á normativa

      • Corrección de erros do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 162, do 6 de xullo de 2004). Ligazón á normativa

      • Orde SCO/1741/2006, do 29 de maio, pola que se modifican os anexos do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 134, do 6 de xuño de 2006). Ligazón á normativa

    Descargar o contido desta ficha en formato PDF

    Outros procedementos relacionados

    MR203B

    Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MR435D

    Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MR553C

    Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 30/11/2026 23:59

    MR561A

    Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano