Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR952A
Prazas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A concesión de prazas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.
Deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
R/ Padre Fernando Olmedo, 1
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159670
Fax: 886159680
Email: cgtd@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
30/06/2026 00:00 - 29/07/2026 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas deportistas que, no momento de presentación da solicitude por parte das correspondentes federacións deportivas, cumpran os requisitos que se detallan a seguir:
– Ter nacionalidade española. Poderanse exceptuar este requisito aqueles solicitantes que foran seleccionados pola selección española para participar en competicións de carácter europeo ou mundial.
– Estar en posesión da licenza deportiva na modalidade para a cal se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estivera integrada na federación española.
Poderase valorar, segundo informe técnico da comisión de selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas prazas de rendemento.
– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, así como estar empadroada nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
– As persoas deportistas beneficiarias de praza de tecnificación deberán ter promocionado de curso na convocatoria ordinaria de xuño de 2026, e non ter máis de dúas materias suspensas. Excepcionalmente, poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos.
– Para ser beneficiario das prazas do grupo de tecnificación ou de rendemento deberanse cumprir os requisitos específicos de idade e residencia previstos no artigo 17.
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas que concorren nalgunha das circunstancias establecidas a seguir:
– Non obter un apto na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD.
– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da comisión de selección sobre o seu comportamento durante a súa estadía como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.
– Ter sanción en firme por dopaxe.
– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE do 19 de febreiro de 1993).
– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes deberán ser presentadas polas federacións deportivas galegas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD das seguintes seccións:
Atletismo na especialidade de lanzamentos
Bádminton
Judo
Loita
Natación pura e natación en augas abertas
Natación artística
Piragüismo en augas bravas (slálom)
Piragüismo en augas tranquilas
Remo
Taekwondo
Tríatlon
Vela
Ximnasia acrobática
Trampolín e artística
As federacións que conten cun grupo de tecnificación e/ou rendemento remitirán a relación das persoas deportistas solicitantes que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 desta orde e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Secretaría Xeral para o Deporte.
2. As solicitudes deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde, xunto á cal se achegará o resto da documentación solicitada segundo o disposto no artigo 6 (anexos II a VII). O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral para o deporte, no enderezo https://deporte.xunta.gal
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das federacións presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Para a valoración dos méritos, as federacións deportivas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
Anexo II-Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2026/27.(Unidades: 1 unidade)
Anexo III-Proposta de equipo técnico. (Unidades: 1 por persoa)
Documentación que deberá achegarse xunto co anexo III:
– Persoa adestradora deportiva de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente, ou licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CCAFED) ou técnico deportivo superior (se é o caso).
– Experiencia: certificado da federación deportiva que acredite un mínimo de 3 anos de experiencia como adestrador/a coa titulación exixida, se é o caso, ou o recoñecemento da condición de DGAN.
– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.
Anexo IV-Persoa adestradora deportiva responsable da sección deportiva :
– Declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade. (Unidades: 1 unidade)
*Anexo V-Persoa adestradora deportiva responsable de grupo:
– Declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.(Unidades: 1 por persoa)
Anexo VI-Valoración técnica das persoas deportistas.
Xunto co anexo VI deberase achegar:
– No caso das persoas deportistas de nova incorporación pertencentes ao grupo de tecnificación, unha copia do boletín de notas de xuño de 2026 ou ben unha copia do certificado académico da persoa deportista. (Unidades: 1 por persoa)
– No caso das persoas deportistas de nova incorporación pertencentes ao grupo de tecnificación, un informe técnico para ser valorada a orde de prelación presentada no anexo II, punto 7.1.a) (Unidades: 1 por persoa)
– O certificado de residencia da persoa deportista proposta.(Unidades: 1 por persoa)
Anexo VII. Solicitude de praza para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para a tempada 2026/27. Datos da persoa deportista (Unidades: 1 por persoa)
* No caso de tratarse de persoas adestradoras de grupo.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas solicitantes (as federacións deportivas) presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa adestradora.
– Consulta de títulos oficiais universitarios da persoa adestradora.
– Consulta de títulos oficiais non universitarios da persoa adestradora.
– Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais da persoa adestradora.
– NIF da entidade solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– DNI ou NIE da persoa presidenta da federación.
– NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Datos da persoa deportista (Anexo VII)
- Proxecto de tecnificación e/ou rendemento para o curso 2026/27 (Anexo II)
- Valoración técnica das persoas deportistas (Anexo VI)
- Proposta equipo técnico (Anexo III)
- Persoa adestradora responsable de grupo: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade (Anexo V)
- Persoa adestradora responsable da sección deportiva: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2026/27, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 119 do 29 de xuño de 2026).
-
Extracto da Orde do 17 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2026/27, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 119 do 29 de xuño de 2026).
-
Resolución do 1 de setembro de 2026 pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo ao abeiro da Orde do 17 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2026/27, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 174 do 14 de Setembro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Voto por correspondencia a membro da asemblea xeral. Procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.
Prazo aberto: 01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano