Guía de procedementos e servizos

PR329C

Reinicio de explotación de máquinas autorizadas en situación de suspensión provisional

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Cando a empresa operadora desexe reiniciar a explotación dunha máquina con autorización de explotación en situación de suspensión provisional deberá formalizar a correspondente solicitude ante a delegación provincial da consellería competente en materia de xogo, que tramitou a suspensión, co obxecto de retirar os exemplares da autorización de explotación.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Debes de presentar esta solicitude de forma presencial.

Tramitar presencialmente

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude de reinicio de explotación de máquinas autorizadas en situación de suspensión provisional, segundo modelo normalizados PR329C

  • Xustificante de pago da tasa administrativa

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - A Coruña

Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185971

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294884

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386931

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805374

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Pontevedra

Rúa Concepción Arenal, 8-1 (Vigo)

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817071

Órgano responsable

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008). Ligazón á normativa

    • Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano

FA008A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición.

Aberto todo o ano