Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR212C
Modificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
Modificación da Inscrición no Rexistro de Parellas de feito de Galicia.
Parellas de Feito.
Requisitos
Para os efectos de aplicación da Lei de Dereito Civil de Galicia, equipáranse ao matrimonio as relacións maritais mantidas con intención ou vocación de permanencia, co que se estenden, por tanto, aos membros da parella, os dereitos e as obrigacións que esta lei lles recoñece aos cónxuxes.
Terán a condición de parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de feito de Galicia.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
De conformidade coa Disposición final única do Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025), o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 7 de abril de 2025 e permanecerá aberto indefinidamente.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Documentación para a presentación:
Solicitude normalizada segundo o anexo IV deste Decreto.
Solicitude normalizada segundo o anexo VII deste Decreto.
Documentación acreditativa do pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais.
Documentación a comprobar pola Administración, salvo oposición das persoas solicitantes, en cuxo caso terán que achegala:
Datos de identidade das persoas solicitantes (DNI/NIE).
As solicitudes de modificación presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e de firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (htps://sede.xunta.gal/chave365).
Anexos
- Fase de Solicitude
- Autorización para a presentación da solicitude e comprobación de datos da outra persoa da parella (Anexo VII)
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Administración Local e Interior da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185974
Fax: 881881084
Email: parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Xustiza e Administración Local de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294205/ 982294262
Email: rexistroparellasdefeito.pr.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Xustiza e Administración Local de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386408
Fax: 988386384
Email: parellas.xustiza.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xustiza Gratuita e Administración Local de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 9º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805312/ 986805383
Fax: 986805391
Email: parellasdefeito.pr.pontevedra@xunta.gal
Órgano responsable
-
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2006). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros.-Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº189 do 29 de setembro de 2006). Ligazón á normativa
-
Lei 10/2007, do 28 de xuño, de reforma da disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 127 do 2 de xullo de 2007). Ligazón á normativa
-
Decreto 248/2007 do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2008). Ligazón á normativa
-
Decreto 146/2014, do 13 de novembro, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014). Ligazón á normativa
-
Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.