Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE624A
Rexistro de buques de pesca e outros recursos mariños vivos; auxiliares de pesca, de explotacións de acuicultura e artefactos dedicados ao cultivo ou estabulación de especies mariñas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Se vostede é armador ou propietario dun buque que teña o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, incluído nas listas 3ª e 4ª do Rexistro de Matrícula de Buques, ten a obriga de instar a inscrición no Rexistro de Buques da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, se xa ten inscrito o buque no Rexistro, e se producen variacións nos datos que constan no mesmo, debe comunicar e acreditar ditos cambios.
Armadores ou propietarios de buques incluídos nas listas 3ª e 4ª do R.M.B. que teñan o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Edificio San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546170
Fax: 981544740
Email: sarex.mar@xunta
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Para a efectiva inscrición no rexistro, o buque terá que cumpri-los seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do permiso de expolotación.
b) Que o buque estea dado de alta no Censo da Flota Pesqueira Operativa.
c) Que non se trate dunha embarcación irregular.
d) Que teña o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
No suposto de varias persoas copropietarias, copia do DNI ou NIE de cada unha delas, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
No caso de pluralidade de persoas físicas solicitantes que teñen constituída unha Sociedade Civil ou Comunidade de Bens, deberase presentar unha declaración responsable coa porcentaxe da participación de cada un dos membros, e copia da escritura de constitución.
Certificado de navegabilidade e arqueo GT.
Documento acreditativo da inscrición no Rexistro Mercantil actualizada ou certificación acreditativa desa inscrición.
Folla de asento do buque actualizada.
Rol de despachos relativo aos dous últimos anos cando non se trate de buques novos.
Abono de taxa por inscrición/modificación en rexistros oficiais
Prazo de resolución: Non especificado
Sentido do silencio: Non consta
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de maio de 2002 pola que se actualiza o Rexistro de Buques da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen normas sobre a súa xestión e control (DOG nº 94 do 16 de maio de 2002).
-
Decreto 97/2005, do 14 de abril, polo que se regula o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 86 do 5 de maio de 2005).
-
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
-
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1027/1989, do 28 de xullo, sobre abandeiramento, matriculación de buques e rexistro marítimo (BOE nº 194 do 15 de agosto de 1989).
-
Lei 3/2001, do 26 de marzo, de Pesca Marítima do Estado (BOE nº 75 do 28 de marzo de 2001).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Aberto todo o ano
Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.
Aberto todo o ano
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59