Guía de procedementos e servizos

PE508A

Autorización para cambios de especies nos viveiros.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Se vostede desexa proceder a cambia-lo cultivo do seu establecemento de acuicultura pode presentar ante a Xunta de Galicia unha solicitude para proceder a súa autorización.

Persoas físicas ou xurídicas titulares dun viveiro de cultivo mariño na zona marítima.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 54 63 47

Email: servizo.innovacion.acuicultura.cmrm@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Indicar expresamente se se trata dunha ampliación ou substitución da especie.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Abono da taxa administrativa.

  • Memoria biolóxica na que se inclúa tanto a descrición da especie como as condicións previstas de produción (procedencia das crías e proxenitores, de ser o caso, tamaño e densidade inicial, alimentación, crecemento, mortalidade, tamaño e densidade final, produción esperada e sistema de comercialización). Indicarase expresamente se se trata dunha ampliación ou substitución da especie.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21 de novembro de 1996).

    • Corrección de erros.-Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 239 do 9 de decembro de 1996).

    • Decreto 338/1999, do 3 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, aprobado polo Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 251 do 30 de decembro de 1999).

    • Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, aprobado por Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 97 do 22 de maio de 2002).

    • Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG nº 83 do 30 de abril de 2001).

    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG nº 180 do 21 de setembro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE101A

Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59