Guía de procedementos e servizos

PE507E

Autorización para cambios de dominio 'Mortis Causa' de viveiros experimentais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Se vostede quere realizar un cambio de dominio 'mortis causa' dun viveiro experimental debe solicitar da Xunta de Galicia que autorice a transmisión correspondente.

Herdeiros do titular

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 54 63 47

Email: servizo.innovacion.acuicultura.cmrm@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Requírese non ter sanción firme en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros pendente de pagamento.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Para os casos de persoas físicas

    • No suposto de máis dun herdeiro/a, Anexo II.

  • Para os casos de persoas xurídicas:

    • Abono da taxa administrativa por tramitación.

    • Copia da escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

    • Copia dos estatutos polos que se rexe.

    • Certificado do rexistro de derradeiras vontades.

    • Copia auténtica do testamento ou declaración de herdeiros.

    • Caderno particional da herdanza, se aplicable.

    • Solicitude ou carta de pagamento do imposto de sucesións e doazóns ou do imposto de transmisións patrimoniais, se aplicable.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo  e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21 de novembro de 1996).

    • Orde do 7 de outubro de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión "mortis causa" da titularidade das autorizacións temporais de carácter experimental nos polígonos de viveiros (DOG nº 207 do 26 de outubro de 1999).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG nº 180 do 21 de setembro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE101A

Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59