Guía de procedementos e servizos

PE506A

Autorizacións para cambios de localización de viveiros.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Que é e para que serve

Se vostede quere realizar o cambio de localización dun viveiro, debe solicitar á Xunta de Galicia a correspondente autorización.

Quen pode solicitalo

Persoas físicas ou xurídicas, titulares de concesións de viveiros na zona marítima que desexen o cambio da súa localización.

Requisitos

Presentar unha memoria na que indicarán a localización e as características tanto da cuadrícula actual como da solicitada. Describiranse os parámetros que se modifican na nova localización e as melloras que se espera conseguir.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Para os casos de persoas físicas:

    • No suposto de cotitularidades Anexo II.

  • Para os casos de persoas xurídicas:

    • Abono da taxa administrativa.

    • Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.

    • Copia dos estatutos polos que se rexe.

    • Acreditación da dispoñibilidade do seguro.

    • Memoria na que indicarán a localización e as características tanto da cuadrícula actual como da solicitada.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Seis meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546347

Email: servizo.innovacion.acuicultura.cmrm@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Ramón y Cajal, nº 2 - 5º andar

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182016

Email: spait.mar.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Avda.Gerardo Harguindey Banet, 2 (Celeiro)

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555035

Email: pesca.mar.celeiro@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Concepción Arenal, nº 8, 4º andar

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817122

Email: spait.mar.vigo@xunta.gal

Órgano responsable

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994). Ligazón á normativa

    • Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG nº 83 do 30 de abril de 2001). Ligazón á normativa

    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008). Ligazón á normativa

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009). Ligazón á normativa

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE101A

Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 15/12/2026 23:59