Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE503A
Permiso de actividade para a instalación de establecementos de acuicultura na zona terrestre (litoral e continental), ou para a súa modificación substancial.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Se vostede quere poñer en funcionamento e explotación un establecemento de cultivos mariños ou auxiliar, na zona terrestre, debe solicitarlle á Xunta de Galicia que lle outorgue a licencia necesaria para iso.
Persoas físicas ou representantes dunha persoa xurídica legalmente constituída.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Acuicultura
Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura
Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 54 63 47
Email: servizo.innovacion.acuicultura.cmrm@xunta.gal
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Prazo de presentación: ABERTO
No caso de que o establecemento precise da ocupación de dominio público marítimo-terrestre, ou da autorización de verteduras, esixirase documentación específica.
Solicitude segundo o Anexo I.
1. Permiso de actividade na parte litoral da zona terrestre, ou a súa modificación substancial:
No suposto de cotitularidades, Anexo II.
Abono da taxa administrativa.
Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.
Copia dos estatutos polos que se rexe.
Documentación que acredite a titularidade dos terreos. Se a persoa solicitante non fose o titular deles, deberá achegar a documentación que acredite o réxime de ocupación dos mesmos e na que se inclúa a autorización expresa da persoa titular para instalar o establecemento e dedicalo á actividade acuícola solicitada durante, como mínimo, o período de vixencia do título administrativo habilitante.
Proxecto do establecemento, subscrito por técnico competente, que incluirá planos, información fotográfica da zona e orzamento das obras que se van realizar.
Estudio económico-financeiro para o período de vixencia da explotación previsto na solicitude, subscrito por técnico competente, que analice a rendibilidade da explotación con base en dous escenarios económicos, á alta e á baixa, e desenvolva a evolución previsible da explotación.
Memoria técnico-biolóxica asinada por técnico competente que, como mínimo, incluirá unha descrición detallada da actividade que se vai desenvolver, especies obxecto de explotación e circulación hidráulica.
Acreditación da dispoñibilidade da capacidade técnica axeitada ós requirimentos do establecemento de que se trate.
Informe do órgano ambiental no que se sinale o tipo de trámite ambiental ó que se someterá o proxecto.
No caso de que o establecemento precise da ocupación de dominio público marítimo-terrestre, ademais da documentación requirida nos puntos anteriores, esixirase a que se relaciona a seguir:
Plano 1/1000 no que se represente a liña de deslinde e a superficie de dominio público marítimo-terrestre que se vai ocupar.
Plano de planta e carta náutica ou outra representación cartográfica, con coordenadas e batimetría.
Certificación catastral correspondente aos terreos lindeiros.
Xustificante acreditativo de constitución, ante a consellería competente en materia de acuicultura, da fianza ou garantía provisional correspondente ao 2% das obras para realizar, é o caso, no dominio público marítimo-terrestre, segundo o artigo 88.1º da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, no caso de non autorizar a súa consulta.
No suposto de que o establecemento precise da autorización de verteduras, ademais da documentación requirida nos puntos anteriores, esixirase a que se relaciona a seguir:
Volumes de auga consumidos e verteduras.
Punto de vertedura (coordenadas UTM).
Características analíticas da vertedura.
Proxecto técnico das instalacións de tratamento da vertedura.
2. Permiso de actividade na parte interior da zona terrestre:
No suposto de cotitularidades, Anexo II.
Abono da taxa administrativa.
Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.
Copia dos estatutos polos que se rexe.
Concesión de aproveitamento hidráulico outorgada polo organismo competente.
Proxecto, asinado por técnicos competentes, no que figurarán os seguintes documentos:
a) Datos de identificación do promotor e das instalacións.
b) Planos de situación a escalas 1:50.000 e 1:10.000. c) Descrición detallada das obras e instalacións, incluíndo planos e demais documentos que faciliten a súa interpretación.
d) Estudio do réxime natural de caudais.
e) Caudal de concesión e procedencia das augas.
f) Memoria biolóxica na que, como mínimo, se detallará:
f.1) Caudais ecolóxicos.
f.2) Estudio de temperaturas.
f.3) Xustificación da elección da especie ou especies cultivables.
f.4) Carga instantánea.
f.5) Sistema de cultivo.
f.6) Produción por meses.
f.7) Tratamento de augas residuais.
Estudio de avaliación de efectos ambientais que se realizará, conforme ao disposto na Lei 2/2013 do 9 de decembro de avaliación ambiental e na Lei 9/2013 do 19 de decembro do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
Consulta do xustificante acreditativo de constitución, ante a consellería competente en materia de acuicultura, da fianza ou garantía provisional correspondente.
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 05 de agosto de 1992).
-
Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 106 do 4 de xuño de 1997).
-
Corrección de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 130 do 8 de xullo de 1997).
-
Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento do obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG nº 110 do 9 de xuño de 2003).
-
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
-
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).
-
Orde do 25 de outubro de 1999 pola que se regula o funcionamento dos centros de acuicultura en augas continentais e o seu rexistro (DOG nº 212 do 3 de novembro de 1999).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 22/88 do 28 de xullo de costas (BOE nº 181 do 29 de xullo de 1988).
-
Real Decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 297 do 12 de decembro de 1989).
-
Real Decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á produción e comercialización dos produtos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11 do 13 de xaneiro de 1993).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Aberto todo o ano
Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.
Aberto todo o ano
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59