Guía de procedementos e servizos

MT975B

Autorización para o tratamento de residuos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Que é e para que serve

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Autorizar las actividades de ALMACENAMIENTO, VALORIZACIÓN o ELIMINACIÓN de residuos.

Quen pode solicitalo

Empresas.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrou en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezou o día 5 de xullo de 2016.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo II-X, só no caso de que a persoa solicitante teña máis dun centro xestor ou no caso de ter máis residuos ou máis procesos dos permitidos na táboa “Datos dos residuos que se van a xestionar”.

  • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude (Código taxa 32.52.03)

  • Proxecto técnico e de explotación, co contido mínimo do Anexo VI do Decreto 174/2005, do 9 de xuño.

  • Documento ambiental, naqueles casos que o esixa a lexislación vixente en materia de avaliación ambiental.

  • Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil (só persoas xurídicas).

  • Certificado dun sistema de xestión ambiental (no caso de consideralo para a redución da fianza).

  • Certificados de destino emitidos por xestor autorizado de todos os residuos de saída.

  • Seguro de responsabilidade ambiental que cubra a actividade de xestión de residuos que solicita nos centros correspondentes (para residuos perigosos ou no caso de consideralos para a redución da fianza).

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa comunicante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade comunicante

  • NIF da entidade representante

TAXAS

Datos xerais: https://sirga.xunta.gal/taxas-administrativas

Código: 32.52.03

Concepto: Autorización de xestor de residuos para actividades de almacenamento, valorización e eliminación de residuos.

Taxas asociadas

  • Autorización de xestor de residuos para actividades de almacenamento, valorización e eliminación de residuos ( 32.52.03)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Que vai pasar despois de que o presente

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Dez meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541703

Fax: 981957375

Órgano responsable

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 174/2005, do 9 de xuño,polo que se regula o réxime xurídico da producción e xestión de residuos e o Rexistro xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2005). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros.-Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia (DOG nº 132 do 11 de xullo de 2005) (DOG nº 132 do 11 de xullo de 2005). Ligazón á normativa

    • Orde do 1 de abril de 2013 pola que se designa aos órganos desta consellería competentes para a tramitación das comunicacións previas ao exercicio de actividades de producción e xestión de residuos previstas pola Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados. Ligazón á normativa

    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016). Ligazón á normativa

    • Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 52 do 17 de marzo de 2021). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 553/2020, do 2 de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado (BOE nº 171 do 19 de xuño de 2020). Ligazón á normativa

    • Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (BOE nº 85 de 9 de abril de 2022). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano