Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR203A
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Os cursos de formación apuntados no artigo 3º desta orde poderaos organizar directamente a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellería do Medio Rural a través do Servizo de Formación Agroforestal, así como as universidades e os centros docentes oficiais que imparten formación profesional da familia agraria.
Tamén poderán organizar cursos de formación de nivel básico as organizacións de produtores agrarios e outras entidades vinculadas ao sector agrario que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica de acordo coa Orde do 17 de marzo de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se ditan normas relativas á inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificacións e diplomas oficiais por parte da Administración pública.
b) Estar inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia conforme a Orde do 13 de febreiro de 2008 pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento e Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia, conforme o previsto no Decreto 235/2007, do 29 de novembro, polo que se regulan os servizos de aconsellamento e de xestión das explotacións agrarias.
Agás nos cursos organizados a través do Servizo de Formación Agroforestal para o resto dos casos será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.
Autorización dos cursos.
As entidades interesadas na impartición dos cursos de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios deberán solicitar a autorización de cada curso ante a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, seguindo o procedemento indicado nos artigos 11º a 13º da orde da Consellería do Medio Rural do 17 de marzo de 2009 e utilizando o impreso que figura no anexo I desta orde como folla de solicitude.
Logo da solicitude da entidade organizadora, e en tanto non sexan modificados os programas que figuran no anexo II desta orde, a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal poderá autorizar a realización de sucesivas edicións do mesmo curso previamente homologado.
O persoal docente dos cursos de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios deberá:
a) Posuír titulación universitaria de enxeñería agronómica, enxeñería de montes, enxeñería técnica agrícola ou enxeñaría técnica forestal, se ben no caso do profesorado de prácticas, será suficiente con posuír titulación de formación profesional dos ciclos medio ou superior da familia agraria.
b) Estar en posesión do carné de manipulador-aplicador de nivel cualificado ou estar exento da súa posesión conforme o especificado no artigo 12.1º desta disposición.
d) Acreditar ter recibido un curso de formación de profesorado en materia de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios organizado pola Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.
Queda exceptuado de acreditar posuír a titulación universitaria a que se alude no número 7.1.a) o profesorado das escolas de formación profesional da familia agraria que teña 5 ou máis anos de experiencia docente nos ciclos formativos.
Para a impartición das partes dos programas formativos relacionadas con saúde humana e primeiros auxilios estarán capacitados como persoal docente as persoas licenciadas en medicina e as que posúan unha diplomatura universitaria en enfermaría ou titulación equivalente.
Os cursos de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios deberán cumprir os seguintes mínimos en canto a persoal docente:
a) Nos cursos de nivel básico: unha persoa con titulación universitaria superior ou media da rama agraria ou afíns que cumpra os requisitos especificados no número 7.1 e unha persoa con licenciatura en medicina ou diplomatura universitaria en enfermaría.
b) Nos cursos de nivel cualificado: dous titulados universitarios superiores ou medios da rama agraria ou afíns que cumpran os requisitos especificados no número 7.1, e unha persoa con licenciatura en medicina ou diplomatura universitaria en enfermaría. Neste tipo de cursos non poderán ser impartidas máis do 50 % das horas polo mesmo docente.
En todas as accións formativas realizaranse sempre probas de avaliación dos coñecementos e as habelencias adquiridas polos alumnos. Estas probas serán obxectivas e realizadas pola Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, tanto nos cursos organizados directamente por esta dirección xeral coma nos impartidos por outras entidades autorizadas.
Requisitos
2.- Deberán estar en posesión del carné de manipulador de praguicidas, expedido polos Organismos oficiais responsables, unha vez superados os cursos de capacitación correspondentes.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitude (Anexo I).
Programa da actividade que se vai impartir (contido e horas lectivas de cada unidade didáctica).
Relación dos medios humanos cos que se conta para a realización da actividade.
Copia titulación academica (no caso de novas incorporacións).
Currículum Vitae (no caso de novas incorporacións).
Memoria explicativa na que se acredite a dispoñibilidade dos medios e instalacións necesarias para impartir a actividade.
Póliza de seguros (achegar copia dunha das pólizas que se relacionan ou marcar o compromiso de achegalas):
Copia da póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás dependencias onde se realizarán os cursos.
Copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubra á totalidade do persoal docente e do alumnado.
Compromiso de achegalas con anterioridade ao comezo da actividade lectiva.
Anexos
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Un mes
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude).
Como recibirás a resposta da Administración?
A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.
Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.
Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Formación
Rua Camiño Francés, 10
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546650
Fax: 981546651
Email: formacion.cmrm@xunta.es
Órgano responsable
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015). Ligazón á normativa
-
Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios (DOG nº 77 de 22 de abril de 2009). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros.-Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios (DOG nº 81 do 28 de abril de 2009). Ligazón á normativa
-
Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE nº 223 do 15 de setembro de 2012). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano