Guía de procedementos e servizos

IN305A

Aprobación de proxectos de voaduras especiais

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Que é e para que serve

As empresas do sector mineiro ou da construción que precisen o uso de explosivos nos que se contemple a realización de voaduras que teñan a condición de especiais, deben contar coa autorización de consumo da Subdelegación do Goberno, para o cal previamente, teñen que solicitar á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da provincia onde se sitúen os traballos, a aprobación dun proxecto de voadura especial subscrito por un técnico titulado en minas e co contenido establecido no apartado 3.1 da Orde do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do 29 de xullo de 1994.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documento acreditativo da designación da direccion facultativa.

  • No seu caso , declaración responsable da persoa directora facultativa segundo o modelo do anexo II

  • Proxecto técnico visado suscrito por persoa técnica competente co contido mínimo establecido nas Instrucións Técnicas Complementarias (ITC) 10.3.01 Explosivos. Voaduras especiais do Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira.

  • No caso de personas xurídicas solicitantes, copia da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional.

  • No caso de actuar por medio de representante, documentación acreditativa da representación.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante

  • DNI o NIE da persoa representante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Tres meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Enerxía e Minas da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184961

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Enerxía e Minas de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294654/ 982294651

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Enerxía e Minas de Ourense

Curros Enriquez, 1 - 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386716

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra

Fernández Ladreda, 43 - 5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805227

Fax: 986805247

Órgano responsable

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (BOE nº 140 do 12 de xuño de 1985). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano