Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN105A
Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Poderán solicitar a súa inscrición no Rexistro de organizacións de consumidores e usuarios as asociación/federación sen fins lucrativos e sen axudas por parte doutras empresas, que teñan a súa sede social en Galicia e a súa finalidade primordial é a defensa do consumidor e usuario. Para inscribirse no Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, pódelle solicitar á Xunta de Galicia que lle autorice a dita inscrición, cando cumpra os seguintes requisitos:
- Unha organización ou asociación de consumidores e usuarios ou de amas de casa, cun mínimo de 200 socios se actúa en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, ou de 50 socios se o seu ámbito é menor; e cun presuposto mínimo anual de gastos de 3.005 e 1.202 euros, respectivamente.
- Unha federación integrada por un mínimo de tres organizacións inscritas no rexistro, cun presuposto mínimo de gastos anual de 4.507,59 euros,
Para a súa inclusión no rexistro, consideraráselle colaboradora da Consellería de Economía, Emprego e Industria podendo desenvolver diversas actividades de defensa do consumidor e usuario.
Persoas físicas e/ou xurídicas.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica.
Tramitar en liña
A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitude segundo o Anexo I.
Certificación, expedida polo secretario da organización solicitante, na que se faga constar:
Nomes, domicilios e cargos dos titulares dos órganos de goberno.
Número efectivo de socios da organización.
Cotas que están obrigados a pagar ditos socios.
Non percibimento de axudas ou subvencións de empresas ou grupos de empresas que fornecen bens ou servizos ós consumidores e usuarios.
Memoria descritiva das actividades realizadas no ano anterior, no seu caso pola entidade solicitante, e programa de actividades correspondentes ao ano no que se presenta a solicitude.
Orzamento anual de gastos da entidade.
Acreditación da representación da persoa representante da entidade.
Copia autenticada dos estatutos sociais.
Certificado do organismo competente acreditativo da inscrición da entidade no Rexistro de Asociacións.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI o NIE da persoa solicitante
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante
Anexos
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Un mes
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude).
Como recibirás a resposta da Administración?
A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.
Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.
Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Servizo de Información, Cooperación e Fomento
Praza de Europa 10A, 2º Área Central - Polígono de Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957397
Fax: 881999089
Órgano responsable
-
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015). Ligazón á normativa
-
Decreto 95/84, do 24 de maio polo que se crea o Rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia (DOG nº 116 do 16 de xuño de 1984). Ligazón á normativa
-
Correccion de erros. Decreto do 24 de maio, polo que se crea o rexistro de organizacions de consumidores e usuarios de galicia (DOG nº 127 do 4 de xullo de 1984). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Obtención e renovación do selo de Mercado Excelente
Aberto todo o ano
Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal
Prazo pechado: 16/01/2026 09:00 - 16/02/2026 20:00