Guía de procedementos e servizos

PR308A

Inscricións no Rexistro de Asociacións

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Inscrición de asociacións sen ánimo de lucro: constitución e modificacións sucesivas.

As asociacións son agrupacións de persoas constituídas para realizar actividades colectivas de forma estable, organizadas democraticamente e sen ánimo de lucro.

O dereito fundamental de asociación, recoñecido no artigo 22 da Constitución e desenvolvido mediante a Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, constitúe un fenómeno sociolóxico e político, como tendencia natural das persoas e como instrumento de participación, respecto ao cal os poderes públicos non poden permanecer a marxe.

As asociacións permiten aos individuos recoñecerse nas súas conviccións, perseguir activamente os seus ideais, cumprir tarefas útiles, encontrar o seu posto na sociedade, facerse oír, exercer algunha influencia e provocar cambios.

Ao organizarse, os cidadáns dótanse de medios máis eficaces para facer chegar a súa opinión sobre os diferentes problemas da sociedade a quen toma as decisións políticas. Fortalecer as estruturas democráticas na sociedade revirte no fortalecemento de todas as institucións democráticas e contribúe a preservación da diversidade cultural.

A crecente importancia que as asociacións teñen no tráfico xurídico aconsella, como garantía de quen entre no dito tráfico, que se tome como punto de referencia, en relación co seu réxime de responsabilidade, o momento en que se produce a inscrición no Rexistro correspondente.

Esta mesma garantía fai necesaria a regulación de extremos importantes no tráfico xurídico, como son o contido da acta fundacional e dos Estatutos, a modificación, disolución e liquidación das asociacións, as súas obrigas documentais e contables, e a publicidade da identidade dos membros dos órganos de dirección e administración.

A consecuencia da inscrición no Rexistro será a separación entre o patrimonio da asociación e o patrimonio dos asociados, sen prexuízo da existencia, e posibilidade de esixencia, da responsabilidade de aqueles que, cos seus actos ou omisións, causen a asociación ou a terceiros danos ou prexuízos.

As solicitudes de inscrición presentaranse no rexistro que corresponda segundo o ámbito territorial da asociación:

-    As de ámbito autonómico, ante o Rexistro Central de Asociacións dependente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

-  As de ámbito provincial, ante o Rexistro provincial dependente da respectiva Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

O prazo de inscrición no correspondente Rexistro será de tres meses dende a data en que a solicitude tivera entrada no rexistro electrónico da Administracion competente para a súa tramitación. Transcorrido ese prazo sen notificación expresa da resolución, poderase entender estimada por silencio administrativo.

Asociacións.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico

Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas

Teléfono: 881995466/ 881995467

Email: rexistro.asociacions@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Xestión Técnico-administrativa da Coruña

Teléfono: 981185765/ 981184486

Email: asociacions.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Xestión Técnico-administrativa e Interior Lugo

Teléfono: 982294333/ 982294334/ 982889714

Email: asociacions.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Xestión Técnico-administrativa e Interior Ourense

Teléfono: 988386412/ 988387629

Email: asociacions.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Xestión Técnico-administrativa I e Interior Pontevedra

Teléfono: 986805376/ 986805377

Email: asociacions.pontevedra@xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Outros procedementos relacionados

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303B

Autorización modificación de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303C

Cancelación da inscrición de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303E

Autorización do uso de aparellos auxiliares do xogo do bingo.

Aberto todo o ano