Guía de procedementos e servizos

IN852F

Axudas I+D empresarial

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 26/03/2026 00:00 - 27/04/2026 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Apoiar a realización de proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental por parte das pequenas e medianas empresas galegas, que lles permitan desenvolver solucións tecnolóxicas de alto impacto, mellorar a súa competitividade e potenciar a xeración de emprego altamente cualificado.

1.Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as:

Pequenas e medianas empresas (pemes) que realicen un proxecto de I+D individual, cuxas actividades se desenvolvan en Galicia.

2.Deste xeito, a entidade beneficiaria deberá contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia onde realice as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.

3.As empresas poderán ser pequenas ou medianas segundo as definicións contidas no anexo VII desta resolución.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Área de Servizos

Rúa de Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541073

Email: servizos.gain@xunta.gal

Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

26/03/2026 00:00 - 27/04/2026 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

1. As entidades beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 25 da presente resolución.

2.Quedan excluídos da presente convocatoria e non poderán adquirir a condición de entidades beneficiarias destas axudas:

a) As empresas nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.

b) As empresas en crise conforme a definición contida no anexo VII desta convocatoria. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para verificar que non se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea, para considerar unha empresa en crise.

c) As entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003). En particular, e de conformidade co disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, no caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, non poderán ser beneficiarias as entidades, distintas ás entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (en diante, Lei 3/2004), que incumpran os prazos de pagamento previstos na citada lei.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación destas bases reguladoras.

3. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se entregan son certos e acepta as condicións e obrigacións recollidas nesta convocatoria.

c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003.

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007.

e) Declaración responsable de que está ao corrente do pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007 e ao artigo 9 do Decreto 11/2009, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

f) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

g) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

h) Declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (en diante, Lei 3/2004).

i) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

j) Declaración responsable de que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

k) Declaración responsable de non estar en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

l) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

m) Declaración responsable de que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, nin no artigo 43 do Decreto 11/2009, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

n) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade, e a normativa medioambiental exixible, en particular, a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, a Lei 21/2013, de avaliación ambiental e o Real decreto lexislativo 1/2016, e que se compromete a presentar todas as licenzas, autorizacións e permisos necesarios para o desenvolvemento da actuación.

ñ) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

o) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que solicita a axuda.

p) Que a solicitude da axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).

q) Que, de ser o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.

r) Que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, manterao durante o período de execución do proxecto.

s) Que cumprirá os principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas nas devanditas declaracións no momento en que se produza.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

1º. Memoria técnica do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo VIII (en formato .pdf) asinada pola entidade beneficiaria.

Nesta memoria establecerase un cronograma do plan de traballo, no cal se indiquen os distintos paquetes de traballo de execución do proxecto, coa relación das actividades para desenvolver ao longo do proxecto e unha descrición destas. Así mesmo, deberán describirse os distintos conceptos de gasto para a execución do proxecto, segundo a tipoloxía dos custos subvencionables establecidos nesta convocatoria.

En relación co persoal dedicado ao proxecto, será necesario describir as actividades do cronograma en que participará e as tarefas que desenvolverá, e indicar as horas efectivas da súa xornada laboral dedicadas ao proxecto. En particular, deberase identificar o persoal propio da empresa e indicarse o perfil do persoal de nova contratación.

Deberanse describir de forma detallada e concisa os materiais, subministracións e produtos similares, de natureza consumible, que deriven directamente do proxecto.

No que se refire aos custos de equipamento, deberá xustificarse a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.

Así mesmo, de ser o caso, deberanse especificar as actividades que se van subcontratar, así como as principais funcións que se van desenvolver no proxecto.

Deberán xustificarse os servizos tecnolóxicos externos empregados, de ser o caso, e a súa necesidade para o desenvolvemento das actividades do proxecto.

Tamén se deberán indicar, de ser o caso, os custos subvencionables relativos ao alugueiro de licenzas de software de uso específico para o proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

2º. Plan de comunicación e difusión do proxecto: os beneficiarios deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto para compartir os resultados non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións e maximizar así, o seu impacto. Este plan incluirá as actividades que debe realizar a entidade beneficiaria en cada unha das anualidades.

Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).

As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles e ser proporcionais á escala do proxecto. É necesario xustificar a adecuación de cada medida elixida ao público obxectivo a que vai dirixida.

O plan de comunicación debe incluír a realización dun evento de difusión do proxecto.

As actividades de comunicación e difusión poden consistir en realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un vídeo dun mínimo de dous minutos de duración para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.

As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.

Por tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».

3º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VI.bis). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá o solicitante, se for necesario, os documentos que considere necesarios para a comprobación.

4º. No caso de proxectos STEP deberase achegar tamén a ficha de cumprimento co Regulamento (UE) nº 2024/795, que estará dispoñible na sede electrónica.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os anexos desta convocatoria estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións ampliado.

j) Titularidade Real, no Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

k) DNI/NIE das persoas que forman o equipo investigador.

l) Títulos oficiais non universitarios das persoas que forman o equipo investigador.

m) Títulos oficiais universitarios das persoas que forman o equipo investigador.

n) Vida laboral (TXSS) dos últimos doce meses das persoas que forman o equipo investigador.

ñ) Consulta de Axudas de Estado.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente: certificado do grao de discapacidade do persoal do equipo investigador.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado para tal efecto no formulario de solicitude (anexo I), anexo II e anexo IV, segundo corresponda, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 4 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, Programa ciencia-empresa (DOG nº 56 do 25 de marzo de 2026).

    • Extracto da Resolución do 4 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento, cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, Programa ciencia-empresa (DOG nº 56 do 25 de marzo de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR485A

Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano