Guía de procedementos e servizos

IG530B

Axudas Industria Innova 2026, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026-2027-2028 - Prazo pechado: 17/01/2026 09:00 - 17/03/2026 14:00

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Concesión de axudas do Igape ao abeiro da convocatoria da iniciativa Industria Innova, un programa de apoio ao desenvolvemento da innovación das empresas galegas, orientado a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxecto de investigación industrial, desenvolvemento experimental e á innovación de procesos e organización.

1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas:

a) Pemes e grandes empresas do ámbito industrial que dispoñan dun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 5.

b) As agrupacións de pemes e grandes empresas que realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

c) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial, e un ou varios centros tecnolóxicos e/ou centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito autonómico inscritos no rexistro de centros creado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, e que conten cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia.

De acordo co artigo 5.2.a) do Regulamento UE 2021/1058, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo de Cohesión, só serán admisibles os proxectos presentados por grandes empresas se cooperan con unha ou varias pemes, e estas deberán asumir, no seu conxunto, un mínimo do 5 % total dos custos subvencionables do proxecto. Os organismos de investigación non terán a consideración de pemes para estes efectos.

2. Non poderán acceder á condición de entidades beneficiarias as entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. O Igape utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle á entidade solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

Tampouco poderán obter a condición de entidade beneficiaria as empresas que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. No caso das agrupacións de empresas sen personalidade xurídica das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007,do 13 de xuño, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles, que terán igualmente a consideración de entidades beneficiarias. En todo caso, deberá nomearse un líder, tal e como recolle o punto 4 deste artigo.

4. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa quen é o líder ou representante da agrupación. O líder será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá prever, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades, do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

d) Termos en que se poida dar a baixa na participación no consorcio ou a súa extinción.

e) Autorización ao Igape para recadar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude, que se cubrirá no anexo IV das bases reguladoras.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

A agrupación de empresas non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900 815 151

Email: informa@igape.es

www.igape.gal

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/01/2026 09:00 - 17/03/2026 14:00

O prazo de presentación das solicitudes da axuda comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o citado prazo de dous meses.

Características dos proxectos

1. Só se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, de xeito que todas as empresas e organismos participantes nun proxecto deberán ter na Comunidade un centro de traballo permanente legalmente constituído onde realicen as actividades descritas na memoria técnica do proxecto.

2. Os proxectos de I+D+i deberán enmarcarse nalgún dos ámbitos de prioridade da RIS3 e deberán estar centrados no impulso dun modelo industrial innovador que favoreza unha transición industrial adecuada, apoiando o desenvolvemento de cadeas de valor estratéxicas no marco da RIS3, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e transición verde.

3. Os proxectos que pertenzan ao ámbito estratéxico de sector automoción galego terán unha reserva do 50 % do crédito no ámbito desta convocatoria.

4. Os proxectos deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 euros e máximo de 25.000.000 euros, dividido nas distintas actividades que realice cada un dos integrantes da agrupación. Exixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 200.000 euros, de ser o caso.

5. A duración dos proxectos será de tres anualidades e estenderase ata o 30 de setembro de 2028.

6. As axudas obxecto desta convocatoria teñen un efecto incentivador, polo que a solicitude debe presentarse antes do comezo do proxecto.

De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade nos cales a empresa incorrería de todos os xeitos, nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica.

Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, os estudos de viabilidade previos, realizados pola entidade beneficiaria, non incluídos na solicitude de axuda non se terán en conta para a determinación da data de inicio da actividade.

A data de inicio do proxecto presentado non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo das actividades do proxecto.

Non será subvencionable ningún gasto executado con anterioridade á presentación da solicitude. No caso de detectarse que calquera actividade do proxecto se iniciou antes da dita data, a totalidade do proxecto será inadmisible.

7. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados, todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

En atención ao considerando 10 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que se van protexer:

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

8. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.

Presentación das solicitudes

1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.

2. No devandito formulario, a persoa representante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante no caso de proxectos individuais, e a todas as entidades participantes, no caso de proxectos en colaboración:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

e) No caso de pemes, que cumpren cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as cales se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

f) Que a solicitude de axuda é anterior ao inicio do proxecto para o cal se solicita (efecto incentivador).

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

h) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape lle efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria.

i) Que ten implantado un plan de igualdade, con identificación do código do localizador no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos, de ser o caso. Deberá manter o dito plan de igualdade durante o período de execución do proxecto.

j) Que achegará unha contribución financeira aos investimentos, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, ben sexa mediante os seus recursos propios ou ben mediante financiamento externo.

k) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; enténdese que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei. Así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

l) Que cumpre co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgúns dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852.

m) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas a consecuencia dunha decisión da Comisión Europea que declarase a axuda ilegal e incompatible co mercado común.

n) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

o) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nestas bases.

p) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

q) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na dita declaración no momento en que se produza.

r) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

s) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o cal solicita a axuda.

t) Compromiso por escrito de que permitirá someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o Igape, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC) que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control, como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

u) No caso de proxectos en colaboración, que non realizará ningunha subcontratación con outra/s entidade/s que sexa/n membro/s da agrupación.

4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

5. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As solicitudes subscribiranse directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificado dixital, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación xurídico-administrativa:

1º As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 14 destas bases reguladoras.

2º No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

3º Se é o caso, o documento de constitución da agrupación, segundo o establecido no artigo 4.3 das bases reguladoras.

4º Contrato/s de subcontratación subscrito con organismo/s e/ou empresa/s asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida.

5º Declaración do imposto de sociedades do último exercicio pechado. Achegaranse, igualmente, as contas anuais e imposto de sociedades de todas as entidades vinculadas e/ou asociadas que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración de peme.

No caso de persoas físicas que posúan máis do 50 % na participación da empresa solicitante, deberá achegar unha declaración responsable de non dispor de máis do 50 % en capital ou dereitos de voto noutra sociedade que opere no mesmo mercado ou mercado contiguo. No caso de dispor de máis dese 50 % noutra sociedade, deberá achegar o imposto de sociedades (modelo 200) das empresas vinculadas que se terán en conta.

6º As contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, anexará as contas anuais consolidadas. Anexaranse, igualmente, as contas anuais de tódalas entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da persoa solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

7º Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as entidades beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algúns dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación do auditor a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

Ademais, no caso de proxectos en colaboración:

8º A empresa líder da agrupación presentará o acordo regulador da agrupación asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e as obrigas que asume cada membro da agrupación, co contido mínimo sinalado no artigo 4 destas bases.

9º Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo III).

10º Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algúns dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

b) Documentación técnica:

1º Memoria técnica do proxecto, que deberá presentar o líder e asinada por este.

Nesta memoria establecerase un cronograma do plan de traballo, en que se indiquen os distintos paquetes de traballo de execución do proxecto, coa relación das actividades que se desenvolverán ao longo do proxecto e unha descrición destas. Así mesmo, deberán describirse, para cada entidade, no caso dos proxectos colectivos da agrupación, os distintos conceptos de gasto para a execución do proxecto, segundo a tipoloxía dos custos subvencionables establecidos nesta convocatoria.

En relación co persoal dedicado ao proxecto, será necesario describir as actividades do cronograma en que participará e as tarefas que desenvolverá, e indicar as horas efectivas da súa xornada laboral dedicadas ao proxecto. En particular, deberase identificar o persoal propio da empresa, e indicarase o perfil do persoal de nova contratación.

Deberanse describir de forma detallada e concisa os materiais, subministracións e produtos similares, de natureza consumible, que deriven directamente do proxecto.

No que se refire aos custos de equipamento, deberá xustificarse a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.

Así mesmo, de ser o caso, deberanse especificar as actividades que se van subcontratar, así como as principais funcións que se desenvolverán no proxecto.

Deberán xustificarse os servizos tecnolóxicos externos empregados, de ser o caso, e a súa necesidade para o desenvolvemento das actividades do proxecto.

Tamén se deberán indicar, de ser o caso, os custos subvencionables relativos ao alugueiro de licenzas de software de uso específico para o proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

2º Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto e, no caso dos proxectos en colaboración, de cada membro da agrupación.

c) Plan de comunicación e difusión do proxecto.

As entidades beneficiarias deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto para compartir os resultados non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións, e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o líder do proxecto e incluirá as actividades que debe realizar cada entidade beneficiaria en cada unha das anualidades.

Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas.

As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles, e ser proporcionais á escala do proxecto. Cómpre xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.

O plan de comunicación e difusión debe incluír, como contido mínimo, a realización de tres eventos de difusión do proxecto: un evento de difusión ao comezo do proxecto, nun prazo máximo de dous (2) meses despois da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos; outro, na metade da súa execución, e un terceiro no momento da súa finalización para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase, como máximo, tres (3) meses despois da finalización do proxecto e deberá xerar un impacto medible a través da súa divulgación nos medios de comunicación e nas redes sociais. O plan de comunicación centrarase prioritariamente nas fases intermedia e final, en que se poderán divulgar avances e resultados finais. Nos tres eventos poñerase de manifesto o apoio da Unión Europea e do Igape ás actuacións do proxecto, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados.

As actividades de comunicación e difusión poden consistir na realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un microvídeo, dun mínimo de dous minutos de duración, para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.

As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación.

c) NIF da entidade representante.

d) Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

h) Consulta de concesións ampliado da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

i) Consulta de axudas do Estado da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

k) Documentación depositada no Rexistro Mercantil, da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación. 

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou no de comprobación de datos de terceiras persoas (anexo IV) e achegar os ditos documentos.

Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2026).

    • Resolución do 3 de agosto de 2026 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 145 do 04 de Agosto de 2026).

    • Extracto da Resolución do 3 de agosto de 2026 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a iniciativa Industria Innova, dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento da innovación no sector industrial galego, orientados a mellorar a súa capacidade mediante o impulso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para os anos 2026, 2027 e 2028 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 145 do 04 de Agosto de 2026).

    • Resolución do 5 de agosto de 2026 pola que se lle dá publicidade á resolución de concesión das axudas para a iniciativa Industria Innova para os anos 2026, 2027 e 2028, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (DOG nº 149 do 10 de Agosto de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano