Guía de procedementos e servizos

SA442A

Dilixenciamento de libros de rexistro para unha empresa funeraria, tanatorio, velatorio, crematorio ou cemiterio.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

A sanidade mortuoria, coma parte integrante da actividade das administracións públicas en materia de saúde, comprende:

a) A regulación de toda clase de prácticas sanitarias sobre cadáveres ou restos, agás as actividades relacionadas coa obtención de órganos, tecidos e pezas anatómicas de persoas doadoras falecidas e as autopsias clínicas ou xudiciais, que se rexerán pola súa normativa específica.

b) As normas sanitarias de exposición, trasporte, cremación, inhumación, exhumación e reinhumación.

c) As condicións técnico-sanitarias que deben reunir as empresas funerarias, tanatorios, velorios e crematorios.

d) As condicións técnico-sanitarias que teñen que cumprir os cemiterios e lugares especiais de enterramento.

e) A función inspectora e a potestade sancionadora para o caso do incumprimento da normativa vixente na materia.

f) A creación do censo de empresas e establecementos funerarios de Galicia.

Empresas do sector funerario.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria

Servizo de Saúde Ambiental

San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542955

Fax: 881542943

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Control de Riscos Ambientais de A Coruña

R/ Durán Loriga, 3-7ª

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155820

Fax: 981155813

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292087

Fax: 982292128

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Ourense

Avda. Zamora, 13

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066325

Fax: 988066331

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra

R/Fernández Ladreda, 43-1º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885878

Fax: 986505610

Servizo de Saúde Ambiental
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente Decreto entrará en vigor ao mes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (a partir do 18 de outubro de 2023).

1. Os libros oficiais de rexistro serán dilixenciados pola xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade da provincia correspondente. Para tal efecto, dirixirase unha solicitude segundo o modelo recollido no anexo VI (SA442A) á persoa titular da xefatura territorial correspondente da consellería competente en materia de sanidade, achegando o libro oficial de rexistro e o xustificante do pagamento das taxas (código da taxa 30.01.00), agás cando o pagamento desta se realice directamente a través da sede electrónica.

2. Os libros oficiais de rexistro permanecerán custodiados baixo a responsabilidade da persoa titular do establecemento, empresa ou entidade, ou pola persoa designada por estas.

3. Os libros oficiais de rexistro poderán ser controlados, en calquera momento, por requirimento das autoridades sanitarias competentes da Administración autonómica e da municipal.

4. As persoas ou entidades titulares estarán obrigadas a cubrir os libros oficiais, cubrindo na súa totalidade os datos especificados en cada un dos seus puntos.

  • Dilixenciado de libros. ( 30.01.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitude segundo o Anexo VI.

Xustificante de pagamento de taxas (código da taxa 30.01.00), agás se realice o pagamento directamente na sede electrónica.

Comprobación de datos.

1. En relación coas declaracións responsables, solicitudes e comunicacións previstas neste decreto consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións pública, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa declarante, solicitante ou comunicante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade declarante, solicitante ou comunicante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar unha copia dos documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dunha copia dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de declaración responsable, solicitudes ou comunicacións.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 129/2023, do 31 de agosto, de sanidade mortuoria de Galicia (DOG nº 177 do 18 de setembro de 2023).

    • Corrección de erros. Decreto 129/2023, do 31 de agosto, de sanidade mortuoria de Galicia (DOG nº 187 do 2 de outubro de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

SA440A

Inicio de actividade, modificación de datos declarados ou cesamento total de actividade dunha empresa funeraria, tanatorio, velorio ou crematorio actividade dunha empresa funeraria, tanatorio, velorio ou crematorio.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA441A

Traslado mortuorio.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA441B

Exposición de cadáveres do grupo III en lugares públicos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA451A

Rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano