Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR780A
Subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Solicitude de subvencións para o financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais e federacións ou asociacións de entidades locais de Galicia para o ano 2023 no marco do AFEDAP.
Poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia competitiva das subvencións convocadas os concellos, as deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para o persoal empregado público, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do AFEDAP.
De conformidade co establecido no artigo 6, segundo parágrafo do AFEDAP, só poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións convocadas as asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto no artigo 120 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa Madrid, nº 2-4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546255
Fax: 981546336
Email: xestión.egap@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa Madrid, nº 2-4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997174
Fax: 981546336
Email: novas.egap@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
24/06/2023 00:00 - 24/07/2023 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de que as entidades non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nos ditos artigos realizarase mediante declaración responsable, a través dos anexos I, IV e VI, segundo corresponda.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Na solicitude faranse constar os seguintes datos:
a) Datos administrativos da entidade promotora, incluíndo o número de efectivos en 31 de xaneiro de 2022. Para estes efectos, unicamente serán considerados os efectivos computados para a elaboración do boletín estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas.
b) Datos da persoa de contacto designada.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Informe da representación sindical asinado polas persoas responsables sindicais.
b) A documentación que acredite, conforme a lexislación vixente, as facultades de representación da persoa que asina o plan para actuar en nome da persoa xurídica solicitante, no caso de federacións ou agrupacións.
c) Cando se trate dun plan agrupado, os documentos de adhesión ao devandito plan e, no caso daquelas entidades adheridas cuxo número de empregados/as sexa igual ou superior a 200, informe da representación sindical das ditas entidades.
d) Memoria das accións formativas que conterá os seguintes puntos:
1) Obxectivos xerais e finalidade do plan de formación.
2) Deseño do plan de formación:
2.1) Resposta do plan ás necesidades de formación detectadas na organización e especificación do procedemento e metodoloxía empregados para iso.
2.2) Incorporación dos resultados da avaliación do plan do exercicio anterior ao plan de formación presentado só no caso de que o plan da entidade solicitante fose subvencionado no dito exercicio.
3) Criterios de seguimento e avaliación do plan: previsións acerca do seguimento das accións formativas (aplicación de técnicas para a avaliación dos resultados e, se for o caso, do impacto da formación).
4) Persoal destinatario do plan de formación e criterios de selección dos participantes.
5) Relación das accións formativas programadas, ordenadas de acordo coa súa prioridade. Por cada actividade formativa deberá indicarse a denominación, descrición da actividade, número de edicións, alumnos/as e horas por edición, orzamento económico e destinatarios/as específicos.
6) Resultados do plan do exercicio anterior no caso de que o plan da entidade solicitante fose subvencionado no dito exercicio:
6.1) Número total de actividades de formación desenvoltas e número total de horas de formación impartidas.
6.2) Número total de persoas participantes desagregado por sexo.
6.3) Resultados da avaliación do plan do exercicio anterior.
e) De ser o caso, memoria de cada proxecto de actividade complementaria que conteña a súa denominación, descrición da actividade, o seu custo e o produto específico que se obterá coa realización da actividade e que deberá entregarse xunto coa xustificación económica do gasto realizado.
f) Memoria económica que conteña os seguintes datos:
1º. Datos relativos ás anteriores convocatorias no caso de que o plan da entidade solicitante fose subvencionado no anterior exercicio: destinatarios/as, recursos propios dedicados, fondos subvencionados, recursos humanos dedicados.
2º. Datos económicos do plan, con desagregación por conceptos de gasto.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día nos pagamentos de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Modificación do plan de formación ( Anexo V)
- Información para efectos estatísticos (Anexo VIII)
- Xustificación da subvención (Anexo VI)
- Renuncia da subvención (Anexo VII)
- Comunicación doutras subvencións (Anexo III)
- Aceptación do plan (Anexo II)
- Solicitude de pagameto adiantado (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 15 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2023, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (DOG nº 119 do 23 de xuño de 2023).
-
Extracto da Resolución do 15 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2023, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (DOG nº 119 do 23 de xuño de 2023).
-
Anuncio do 13 de decembro de 2023 polo que se fai pública a resolución de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 04/12/2025 00:00 - 11/09/2026 23:59
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Aberto todo o ano