Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
MR506A - Réxime de axudas á apicultura: Solicitude individual de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
Establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura.
Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
1. Para acollerse ás axudas, as persoas apicultoras, a título individual ou como integrantes dunha entidade apícola, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Seren titulares, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, dunha explotación apícola inscrita no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), fóra daquelas persoas que adquirisen a titularidade con posterioridade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral da anterior titular e sexan parentes desta en, como máximo, cuarto grao. Así mesmo, exceptúanse do devandito requisito os supostos de forza maior.
b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.
c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.
e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.
f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2021 antes do día 1 de marzo de 2022.
g) Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2022, segundo o recollido no artigo 7, punto 2, do Real decreto 209/2002, e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas.
2. Para o caso das entidades apícolas, para seren beneficiarias, a solicitude de axuda deberá incluír, como mínimo, 1.500 colmeas.
3. Unha mesma persoa apicultora só poderá ser beneficiaria da axuda para cada unha das súas colmeas por unha mesma liña, ben a título individual, ben como integrante dunha entidade apícola. Deberá indicar na solicitude individual da axuda as liñas que solicita a través dunha entidade apícola, de ser o caso.
Non obstante, as persoas apicultoras incluídas na solicitude de axuda presentada por unha entidade apícola, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda como integrantes doutra entidade apícola.
De ser o caso, soamente se terá en conta esa persoa apicultora na solicitude da entidade apícola que o inclúa como beneficiaria naquela liña de axuda que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 9.1 desta orde de axudas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997016
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506) (DOG nº 67 do 5 de abril de 2023).
Extracto da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B). (DOG nº 67 do 5 de abril de 2023).
Resolución do 6 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
06/04/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles (anexo I para o procedemento MR506A) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que serán de uso obrigatorio para as persoas interesadas en aplicación do artigo 66.6 da Lei 39/2015.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as entidades apícolas e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar, opcionalmente, a solicitude de forma presencial.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, concedéndolle un prazo de dez días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015. Transcorrido este prazo sen se producir a emenda ao expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.
3. A falsidade do declarado na solicitude determinará a imposibilidade de percibir, se é o caso, a axuda concedida, dende o momento en que se teña constancia da falsidade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.
Documentación complementaria (MR506A) .
1. As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, integradas ou non nunha entidade apícola, que presenten solicitudes individuais, deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Autorización para facer a solicitude no caso de representación, nos termos exixidos no artigo 5 da Lei 39/2015.
b) Declaración responsable do persoal veterinario sobre o programa de loita contra a varroose, para as liñas de axuda B1 e B2. Consistirá nun compromiso de elaboración e execución do dito programa.
c) Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das liñas solicitadas: memoria onde figuren os datos da persoa apicultora, número de colmeas, descrición dos investimentos e finalidade destes, incluíndo orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos, desagregado para todas e cada unha das liñas para as que se solicita axuda.
No caso de que unha persoa apicultora solicitante de axuda a título individual sexa solicitante tamén de axuda para outra liña a través dunha entidade apícola, deberá indicalo expresamente na memoria e no impreso de solicitude.
No caso de solicitar axuda para a liña C.4, para seren considerados válidos, os orzamentos ou facturas pro forma dos seguros deberán desagregar as distintas coberturas, os prezos por colmea e o custo que pagará a persoa apicultora por cada unha delas, no suposto de que inclúan outras distintas da responsabilidade civil das colmeas.
d) Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.
Independentemente da liña de axuda e do tipo de gasto subvencionable, en todos os gastos, a persoa beneficiaria deberá incluír un sistema de avaliación dos custos que lle permita á Administración comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables, como é a comparación de ofertas.
Para a comparación de ofertas, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
A escolla entre as ofertas presentadas que deberán achegarse xunto coa solicitude da axuda, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa ou cando o número de ofertas sexa menor de tres por inexistencia no mercado de suficientes entidades que presten os servizos.
As empresas invitadas a presentar ofertas non poderán estar vinculadas entre elas e exixiráselles sempre unha declaración das empresas coas que teñan vinculación. No expediente deberá deixarse constancia das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento.
Todas as ofertas teñen que estar detalladas e desagregadas de tal xeito que inclúan os mesmos elementos para seren comparables entre si. Os requisitos mínimos que deben cumprir os orzamentos ou facturas pro forma que se presenten son os seguintes:
– Identificación clara de que o documento é un orzamento ou unha factura pro forma.
– Razón social e NIF do solicitante da oferta.
– Razón social e NIF do provedor.
– Data de emisión.
– Desagregación detallada dos distintos conceptos orzados, de ser o caso, indicando o número de unidades e o prezo unitario.
– Deberá figurar o IVE ou indicación de que non se reflicte, aínda que non se considere para efectos do cálculo do investimento elixible.
Outros posibles sistemas válidos para realizar a moderación de custos son os prezos de mercado, cotizacións de mercados nacionais, estimación por referencia aos valores recollidos en rexistros oficiais de carácter fiscal, ditame de peritos da Administración, taxación pericial contraditoria e calquera outro medio de proba admitido en dereito.
e) Dispoñibilidade dos terreos para a realización da transhumancia, así como permisos ou licenza das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos (autorización das obras e dispoñibilidade dos terreos), de ser o caso.
f) Memoria explicativa da realización da transhumancia (resumo e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.
g) Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.
h) Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil das colmeas en vigor e xustificante bancario do seu pagamento.
A póliza especificará o nome do titular, o código Rega da explotación e o número de colmeas aseguradas. Todo isto para os efectos de comprobar o cumprimento do requisito recollido no artigo 3.2.d).
i) Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nos puntos b), f) e g) do artigo 9.2 desta orde:
– Certificación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia que acredite que o solicitante pertence a esta en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia que acredite que o solicitante pertence a el en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación da cooperativa apícola que acredite que o solicitante é socio dela en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A presentación das xustificacións técnicas e económicas realizarase coa solicitude de axuda, de acordo co disposto no artigo 13.
3. A documentación complementaria presentarse preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI da persoa solicitante, só para o procedemento MR506A, ou NIF da entidade solicitante.
b) DNI da persoa representante ou NIF da entidade representante.
c) A información relativa á declaración censual anual, ao titular, tipo e clase de explotación, así como o número de colmeas (dimensión das explotacións acollidas á axuda).
d) A obriga de ter realizado, polo menos, un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
e) A validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT), segundo o recollido no artigo 7.2 do Real decreto 209/2002.
f) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitalas, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007.
g) A pertenza da persoa solicitante a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira legalmente recoñecida será comprobada de oficio polo órgano xestor da axuda mediante consulta realizada ao Rexistro Oficial de Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia da Consellería do Medio Rural.
h) Documentación acreditativa de explotación apícola situada en zona desfavorecida na Lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, tal como se definen nos puntos 3 e 4 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE (equivalentes aos artigos 18 e 19 do Regulamento (CE) nº 1257/99, respectivamente), de acordo coa Directiva do Consello (86/466/CEE), do 14 de xullo de 1986, coa Decisión da Comisión (86/566/CEE), do 16 de outubro de 1989, e coa Directiva do Consello (91/465/CEE), do 22 de xullo de 1991.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
i) A condición de explotación de titularidade compartida para os efectos do establecido na Lei 35/2011.
j) A condición de agricultor mozo.
De acordo coa definición de agricultor mozo e condicións establecidas no Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da PAC, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello.
k) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
l) Concesións de subvencións e axudas.
Os datos das letras c), d), e), i) e j) xa figuran en poder da Administración. Comprobaraos de oficio o órgano xestor mediante a consulta realizada ás aplicacións Regan, Ingan e Reaga da Consellería do Medio Rural.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán realizar os trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Rexistro obrigatorio de explotacións avícolas de autoconsumo
Inscrición no rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.
Rexistro de operadores/as comerciais de gando.
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.1