Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR406D
Investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandería.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Favorecer a redución das emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro nos sectores gandeiros, ben mediante actuacións relacionadas coa adaptación ou cubrición das balsas exteriores de estercos con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación, ben mediante investimentos orientados á mellora da xestión e aproveitamento dos estercos relacionadas co tratamento ou valorización das dexeccións gandeiras.
As empresas e as persoas traballadoras autónomas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182579
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294459
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 Baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386687
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805446
Prazo de presentación: PECHADO
01/07/2023 00:00 - 31/07/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Poderán ser beneficiarias desta subvención:
a) Persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou agrupacións de persoas físicas, incluídas as explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, que sexan titulares de explotacións gandeiras, sempre que teñan a consideración de pemes.
b) Cando se trate de investimentos colectivos, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou sen personalidade propia de acordo cos termos previstos no artigo 67.2 da Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, e calquera organización ou asociación de produtores recoñecida pola autoridade competente, que integren un mínimo de cinco titulares de explotación sempre que teñan a consideración de pemes.
c) Consorcios ou outra forma de colaboración público-privada, sempre que as actuacións se destinen a un uso en común e redunden en beneficio de explotacións gandeiras concretas que teñan a consideración de pemes, cuxos titulares deron o seu consentimento para que tales entes soliciten a axuda.
d) Centros xestores de estercos sempre que teñan a consideración de pemes.
2. Os titulares de explotacións gandeiras suxeitas ao cumprimento do establecido no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, poderán ser beneficiarios das axudas cando as medidas que se pretende implantar supoñan melloras adicionais a aquelas coas que conta a instalación tras a implantación dos requisitos mínimos establecidos na dita normativa e na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto a cría intensiva de aves de curral ou de porcos.
Solicitude segundo o Anexo I.
Memoria xustificativa.
Orzamentos dos investimentos.
Contabilidade do último exercicio pechado e do da anualidade 2019.
Anexo III: acordo celebrado entre as persoas integrantes dun plan de investimento conxunto, se é o caso.
Declaración responsable nos termos previstos no artigo 26 do Regulamento Xeral de Subvencións, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, ou certificación baseada nun "informe de Procedementos acordados" (se é o caso).
Acreditación da persoa representante, se é o caso.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións publicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegarr unha copia dos documentos:
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Concesión de subvencións e axudas.
Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
Concesións pola regra de minimis.
Vida laboral nos últimos cinco anos.
Vida laboral da empresa.
Título oficial non universitario.
Título oficial universitario.
Consentimento para a comprobación de datos.
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións publicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:
NIF da entidade solicitante.
NIF da entidade representante.
Certificado de renda (IRPF).
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
Domicilio fiscal.
Imposto de actividades económicas ampliado (IAE)
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2023, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2023).
-
Extracto da Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2023, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2023).
-
Resolución do 29 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e denegadas para investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2023, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento MR406D e MR406E), para o procedemento MR406D (DOG nº 53 do 14 de marzo de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59