Guía de procedementos e servizos

MR406C

Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 28/10/2023 00:00 - 27/11/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Convocar para o exercicio orzamentario 2023, en réxime de concorrencia competitiva, a seguinte axuda:

- Liña 2. Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución.

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser operador profesional rexistrado como produtor, no Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais (ROPVEG) e, por tanto, estar autorizado pola autoridade competente da Comunidade Autónoma a producir material vexetal de reprodución.

b) Ser produtor de material vexetal de reprodución susceptible de, entre outras, as seguintes pragas de corentena que son transmitidas por insectos vectores:

1º. Xylella fastidiosa.

2º. Bursaphelenchus xilophilus.

3º. HLB ou greening dos cítricos.

4º. Flavescencia dourada.

c) Ser produtor de material vexetal de reprodución dalgún ou varios dos seguintes lugares de produción:

1º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categoría inicial e campos de planta nai de cítricos de categoría de base.

2º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categorías base (excepto cítricos), certificada, CAC (Conformitas Agraria Communitatis) e estándar.

3º. Viveiros de chantóns de froiteiras e vide das categorías certificadas, CAC e estándar.

4º. Campos de material de reprodución de especies aromáticas e ornamentais.

5º. Campos de plantas nai para a produción de material forestal de reprodución.

6º. Viveiros forestais.

7º. Campos de produción de sementes de especies hortícolas de categorías prebase, base e estándar.

8º. Campos de material de multiplicación de hortalizas.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

San Caetano, s/n - 15781 Santiago

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545721

Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/10/2023 00:00 - 27/11/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, con carácter xeral, e de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Atoparse suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

b) Ser empresa en crise, segundo a definición recollida no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, excepto aquelas empresas que non estaban en crise o 31 de decembro de 2019, pero que pasaron a estalo durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

c) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

d) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

e) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

f) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

g) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

i) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

2. Así mesmo, as persoas/entidades beneficiarias deberán cumprir, polo menos, as seguintes obrigas:

a) Remitir ao órgano de concesión a información que permita a este medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador, en función do previsto no capítulo VI do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, así como a que lle sexa solicitada pola Comunidade Autónoma ou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para os efectos do sistema de xestión e seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

b) Declarar a obtención ou a solicitude doutras axudas para o financiamento da mesma actividade subvencionada.

c) As específicas obrigas de información en relación co financiamento pola Unión Europea da actividade subvencionada. Resulta aplicable o artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021: os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

d) Custodiar todas as facturas e demais documentos que acrediten os gastos e os pagamentos obxecto da subvención en que incorresen e telos á disposición do órgano de concesión e dos órganos de comprobación e control, que poderán requirilos para a súa comprobación. Tal e como se establece no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e no Regulamento (EU, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, é preceptiva a conservación da dita documentación durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros.

e) Colaborar nos controis necesarios para o correcto seguimento e control destas subvencións, de conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

f) Conforme o artigo 27 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, no cumprimento do disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e a súa normativa de desenvolvemento, en particular a comunicación da Comisión Europea Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», 2021/C 58/01 (DOUE do 18.2.2021), así como co requirido na Decisión de execución do Consello Europeo, do 13 de xullo de 2021, relativa á aprobación da avaliación do PRTR de España, as persoas beneficiarias das subvencións garantirán o pleno cumprimento, en todos os proxectos de investimento que deben levar a cabo, do principio de «non causar un prexuízo significativo» ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do No Significant Harm), e no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, durante todas as fases do deseño e execución do proxecto de que se trate e, de maneira individual, para cada actividade ou actuación dentro del. Así mesmo, garantirán o cumprimento do obxectivo relativo á etiquetaxe climática.

g) Segundo o establecido no artigo 27 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, as persoas/entidades beneficiarias deberán mostrar garantías de que as súas actuacións non inciden negativamente sobre o obxectivo ambiental da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas, na forma prevista no artigo 16 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro.

h) As entidades/persoas beneficiarias deberán contribuír aos obxectivos de soberanía dixital e autonomía estratéxica da Unión Europea, así como garantir a seguridade da cadea de subministración tendo en conta o contexto internacional e a dispoñibilidade de calquera compoñente ou subsistema tecnolóxico sensible que poida formar parte da solución, mediante a adquisición de equipamentos, compoñentes, integracións de sistemas e software asociado a provedores situados na Unión Europea.

i) As entidades/persoas beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións respecto diso relacionadas co réxime de normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación:

i. Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

ii. Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

iii. Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

j) En relación coa execución das actuacións do PRTR, as persoas/entidades beneficiarias das axudas deberán declarar que coñecen a normativa de aplicación, en particular, a alínea d) do punto 2 e o punto 3 do artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, e, así mesmo, que manifestan acceder á cesión e ao tratamento dos datos cos fins expresamente relacionados no citado artigo 22, e no cumprimento do recollido no anexo IV.B (Modelo de declaración de cesión e tratamento dos datos) da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

k) En relación coa execución das actuacións do PRTR, as persoas/entidades beneficiarias das axudas deberán manifestar o seu compromiso cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, comunicando, se é o caso, ás autoridades que proceda os incumprimentos observados; así mesmo, deberán declarar que se comprometen a respectar os principios da economía circular e que non incorren no dobre financiamento e que, se é o caso, non lles consta risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Todo o citado nesta alínea k), no cumprimento do recollido no anexo IV.C (Modelo de declaración de compromiso do cumprimento dos principios transversais) da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I, procedemento MR406B; anexo II, procedemento MR406C) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Forma e lugar de presentación da documentación complementaria.

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

2. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito, se é o caso: un documento que deixe constancia fidedigna da existencia dela. O representante da persoa solicitante poderá ser unha persoa física con capacidade de obrar ou unha persoa xurídica, sempre que isto estea previsto nos seus estatutos.

b) Orzamentos dos investimentos. Así mesmo, cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000,00 euros en adquisición de equipamentos ou os 40.000,00 euros en obras de instalación, a persoa solicitante deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

2. No caso de que o operador profesional teña varios lugares de produción, deberá presentar tantas solicitudes e a súa documentación complementaria correspondente, como investimentos en lugares de produción realice.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A presentación da solicitude suporá a autorización para o acceso á información contida no Rexistro de Titularidades Reais previsto na Orde JUS/319/2018, do 21 de marzo, pola que se aproban os novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados á súa publicación, e a cesión de información ao Sistema de fondos europeos, para os efectos de cumprir co previsto no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e da súa inclusión nunha base de datos única para os efectos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

5. Así mesmo, a presentación da solicitude supoñerá o compromiso expreso do solicitante, en caso de ser beneficiario final da axuda, de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que os organismos europeos exerzan as súas competencias, de conformidade co artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o artigo 129 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1296/2013, (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013, (UE) 1304/2013, (UE) 1309/2013, (UE) 1316/2013, (UE) 223/2014 e (UE) 283/2014 e a Decisión 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) 966/2012.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvencións.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

– Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Concesións de subvencións e axudas.

– Vida laboral da empresa.

– Domicilio fiscal.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2023).

    • Extracto da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2023).

    • Resolución do 26 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas a investimentos en materia de bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, ao abeiro da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o procedemento MR406C (DOG nº 132 do 9 de xullo de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano