Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR239O
Recoñecemento como entidade colaboradora.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Regular o procedemento de solicitude de recoñecemento como entidade colaboradora para a tramitación da Solicitude única de axudas PAC/DR.
1. As entidades de crédito (bancos ou caixas de aforro) que teñan sucursais abertas ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As organizacións profesionais agrarias con implantación na Comunidade Autónoma.
3. As entidades de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) con data do 31 de xaneiro de 2023.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Prazo de presentación: PECHADO
21/03/2023 00:00 - 20/04/2023 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da pubicación desta orde.
1. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Dispoñer de persoal cualificado e suficiente para prestar o asesoramento no ámbito da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela, desde o inicio do prazo de presentación ata o final do prazo de modificación da solicitude única ante posibles cambios tras os controis por monitorización.
b) Dispoñer de medios para o tratamento informático das solicitudes a través do programa de captura facilitado polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
c) Dispoñer de certificado dixital de usuario da entidade con sinatura electrónica avanzada para a realización do rexistro electrónico das solicitudes presentadas a través da dita entidade.
d) Cumprir o disposto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Os citados requisitos acreditaranse mediante declaración responsable.
- As entidades interesadas en adquirir a condición de colaboradoras deberán dirixir a súa solicitude, segundo o modelo do anexo II, á persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria.
- Esta solicitude presentarase, conforme o indicado no número 2 do artigo 12, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento MR239O).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Neste procedemento os trámites administrativos posteriores ao de presentación das solicitudes deberán ser realizados a través da carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2023).
-
Extracto da Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2023).
-
Orde do 29 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos a agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 101 do 30 de maio de 2023).
-
Extracto da Orde do 29 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos a agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 101 do 30 de maio de 2023).
-
Resolución do 15 de xaneiro de 2024 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (submedida 13.1) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 15 de marzo de 2023 (DOG nº 44 do 1 de marzo de 2024).
-
Resolución do 15 de xaneiro de 2024 pola que se publica a relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 44 do 1 de marzo de 2024).
-
Resolución do 27 de marzo de 2024 pola que se modifica a Resolución do 15 de xaneiro de 2024 na que se publicaba a relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 68 do 8 de abril de 2024).
-
Resolución do 16 de abril de 2024 pola que se publica a relación de renuncias ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo fondo Feader (DOG nº 84 do 29 de abril de 2024).
-
Resolución do 22 de abril de 2024 pola que se declaran as perdas de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Feader (DOG nº 86 do 2 de maio de 2024).
-
Resolución do 20 de xuño de 2024 pola que se declaran as perdas de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo fondo Feader (DOG nº 126 do 1 de xullo de 2024).
-
Resolución do 8 de xaneiro de 2025 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 15 de marzo de 2023 (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Programas de planificación zoosanitaria
Prazo aberto: 31/12/2025 00:00 - 30/01/2026 23:59
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano
Cumprimento das condicións específicas da eliminación mediante degradación in situ de cadáveres equinos mortos nos pastos.
Aberto todo o ano