Guía de procedementos e servizos

MR237D

Cumprimento das condicións específicas da eliminación mediante degradación in situ de cadáveres equinos mortos nos pastos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Este decreto ten como obxecto autorizar, en condicións que garantan a protección da saúde pública, a sanidade animal e o ambiente e consonte o disposto no artigo 16 do Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano, a seguinte actuación:

- A eliminación, baixo supervisión oficial, mediante degradación in situ, de cadáveres de animais equinos explotados en liberdade mortos nos pastos.

- Propietarios ou operadores que presten servizo de enterramento de animais de compañía.

- Titulares de explotacións gandeiras equinas ou apícolas.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras

Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546187

Fax: 981546798

Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

- Requisitos xerais dos enterramentos dos cadáveres e SANDACH:

1. Os enterramentos realizaranse de forma que se evite a contaminación das capas freáticas e dos acuíferos e, en todo caso, deberán gardar unha distancia mínima de 250 metros desde calquera captación de auga potable e 50 metros desde calquera curso de auga.

2. Os enterramentos realizaranse de forma que se eviten outros riscos para a saúde pública ou a sanidade animal, mesmo polos ruídos ou olores.

3. Os enterramentos deberán realizarse de forma e coa profundidade que garanta que os animais preeiros, oportunistas ou as pragas non poidan acceder a eles e non se expoñan outros riscos engadidos para a saúde pública e/ou para a sanidade animal.

4. Os cadáveres ou subprodutos na fosa, antes de seren enterrados, deberán ser cubertos ou impregnados cun desinfectante apropiado, como pode ser o cal vivo, distribuído uniformemente entre capa e capa de subproduto.

5. Nos enterramentos evitaranse, así mesmo, danos ou alteracións ao ambiente natural, en concreto, riscos para a auga, o aire e o solo á biota, aos elementos xeomorfolóxicos e elementos de significación patrimonial, cultural ou histórica.

- Requisitos específicos dos enterramentos dos équidos e dos SANDACH apícolas mortos ou xerados nas explotacións gandeiras:

1. Os enterramentos deberanse realizar na propia explotación, en terreos da súa propiedade ou en terreos alleos, pero respecto dos que se posúa un título que o permita, preferiblemente no lugar onde se atope o cadáver ou SANDACH ou, de ser o caso, nos puntos máis próximos posibles ao dito lugar e, levaranse a cabo nun prazo máximo de 48 horas desde a morte do animal ou o momento en que se atopou.

2. Os enterramentos realizaranse de forma que se eviten outros riscos para a saúde pública ou a sanidade animal e especificamente:

a) A unha distancia mínima de 100 metros doutras explotacións gandeiras e de vivendas alleas.

b) Separados claramente da zona de estabulación dos animais da explotación, así como do almacén de alimentos e doutros lugares da explotación cuxa proximidade no momento do enterramento poida xerar calquera risco para a saúde humana e/ou para a sanidade animal.

- Requisitos específicos dos enterramentos de cadáveres de animais de compañía:

1. As persoas propietarias dos animais de compañía poderán enterralos en terreos da súa propiedade ou en terreos alleos, pero respecto dos que se posúa un título que o permita.

2. Os operadores que presten un servizo de enterramento de animais de compañía a terceiros asegurarán:

a) Que os enterramentos se realizan nos lugares e establecementos expresamente autorizados polo concello correspondente.

b) Que as fosas son estancas e que, unha vez completa a súa capacidade, son seladas de forma adecuada.

- Requisitos específicos da eliminación mediante degradación in situ de cadáveres de equinos mortos nos pastos:

1. As persoas titulares ou representantes das explotacións equinas extensivas en liberdade poderán eliminar, baixo supervisión oficial, mediante degradación in situ, os cadáveres de animais equinos, destas explotacións, mortos nos pastos sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Os cadáveres se atopen nunha zona de acceso practicamente imposible.

b) Polas características da zona, se corran riscos para a saúde e a seguridade do persoal que leve a cabo a recollida.

c) Que a súa recollida implicase o uso de medios desproporcionados.

2. Así mesmo, os cadáveres deberan estar situados a unha distancia mínima de 100 metros doutras explotacións gandeiras e de vivendas alleas. Porén, nos pastos de uso común, non se considera a existencia doutras explotacións gandeiras.

3. A acreditación destas circunstancias levarase a cabo mediante a presentación dunha declaración responsable cos contidos mínimos previstos no anexo I deste decreto.

  • As declaracións responsables, citadas no artigo 12.3, deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as declaracións en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 72/2016, do 9 de xuño, polo que se autorizan e se regulan determinados sistemas de eliminación de subprodutos animais non destinados ao consumo humano en Galicia e se concretan determinados aspectos sanitarios das explotacións porcinas (DOG nº 118 do 22 de xuño de 2016).

    • Ccorrección de erros. Decreto 72/2016, do 9 de xuño, polo que se autorizan e se regulan determinados sistemas de eliminación de subprodutos animais non destinados ao consumo humano en Galicia e se concretan determinados aspectos sanitarios das explotacións porcinas (DOG nº 124 do 1 de xullo de 2016).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano