Guía de procedementos e servizos

MR239O

Recoñecemento como entidade colaboradora.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 09/03/2024 00:00 - 08/04/2024 23:59

Consellería do Medio Rural

Regular o procedemento de solicitude de recoñecemento como entidade colaboradora para a tramitación da Solicitude única de axudas PAC/DR.

1. As entidades de crédito (bancos ou caixas de aforro) que teñan sucursais abertas ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As organizacións profesionais agrarias con implantación na Comunidade Autónoma.

3. As entidades de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) con data do 31 de xaneiro de 2024.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546270

Fax: 981546182

Email: sxpac.fogga@xunta.gal

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Prazo de presentación: PECHADO

09/03/2024 00:00 - 08/04/2024 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da publicación desta orde.

1. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de persoal cualificado e suficiente para prestar o asesoramento no ámbito da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela, desde o inicio do prazo de presentación ata o final do prazo de modificación da solicitude única ante posibles cambios tras os controis por monitorización.

b) Dispoñer de medios para o tratamento informático das solicitudes a través do programa de captura facilitado polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

c) Dispoñer de certificado dixital de usuario da entidade con sinatura electrónica avanzada para a realización do rexistro electrónico das solicitudes presentadas a través da dita entidade.

d) Cumprir o disposto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os citados requisitos acreditaranse mediante declaración responsable.

- As entidades interesadas en adquirir a condición de colaboradoras deberán dirixir a súa solicitude, segundo o modelo do anexo II, á persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria.

- Esta solicitude presentarase, conforme o indicado no número 2 do artigo 12, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento MR239O).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Neste procedemento os trámites administrativos posteriores ao de presentación das solicitudes deberán ser realizados a través da carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 49 do 8 de marzo de 2024).

    • Extracto da Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 49 do 8 de marzo de 2024).

    • Resolución do 21 de marzo de 2025 pola que se notifican as resolucións relativas á asignación de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional da campaña de 2024 (DOG nº 63 do 1 de abril de 2025).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237D

Cumprimento das condicións específicas da eliminación mediante degradación in situ de cadáveres equinos mortos nos pastos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR239G

Cesión de axudas PAC/DR por cesión de toda a explotación agraria.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 15/09/2025 23:59